Radiografía das violencias machistas na Galiza

5.700 denuncias ao ano por violencia machista, mais só denuncia unha de cada cinco vítimas

A Galiza volve saír ás rúas nun novo 25 de novembro para denunciar o que segue a ser unha crúa realidade: a violencia machista afecta, en todas as súas formas, a unha de cada tres mulleres. No ano da pandemia medraron as denuncias, mais o medo ao agresor provoca que só cheguen á vía xudicial 22% dos episodios machistas. Desde 2003 foron asasinadas 65 galegas polas súas parellas ou ex parellas sentimentais. Aliás, unha de cada tres galegas asegura ter sufrido algún tipo de violencia machista ao longo da súa vida.
Recreación dun cemiterio en Vigo en lembranza das mulleres asasinadas polas súas parellas, o 25 de novembro de 2020 (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
photo_camera Recreación dun cemiterio en Vigo en lembranza das mulleres asasinadas polas súas parellas, decorrida o 25 de novembro de 2020. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
Comentarios