Rexeitan o acordo da Xunta con USO, UGT, CSIF e CC OO

52,8 por cento das e dos traballadores votan a prol de continuar a greve da xustiza

Continúa a greve da xustiza. As e os traballadores rexeitaron a proposta pactada pola Xunta con 4 centrais sindicais -SPJ-USO, UGT, CSIF e CC.OO. O acordo fora refugado polos outros tres sindicatos representados no comité de greve: CIG, Alternativas na Xustiza-CUT e STAJ.

greve
photo_camera Unha traballadora mostra unha papeleta co 'non' á proposta pactada pola Xunta, CSIF, UGT, USO e CC OO [Foto: GZContrainfo]
Comentarios