A superficie queimada no incendio do municipio de Vilariño de Conso, na parroquia de Padroalbar, medrou xa até as 5.200 hectáreas, segundo a información provisional da Consellaría do Medio Rural ás 13.30 horas desta quinta feira, o que supón un milleiro de hectáreas máis que o dato das 8 horas.
Este gran lume forestal ataca o Parque Natural do Invernadoiro, malia que Medio Rural limItase a apuntar na súa información que as chamas "afectan" esa paraxe, sen aclarar cal é a superficie arrasada dentro do parque.
Cómpre lembrar que, con base nos datos da Xunta, o parque natural conta cun total de 5.722 hectáreas, e na tarde desta cuarta feira, cando este incendio arrasara unhas 4.000 hectáreas en Vilariño de Conso, bombeiros forestais advertiran a Nós Diario que ardera xa "50% do parque". Aliás, salientaban que, a pesar de todo, as autoridades "queren deixalo para mandarnos a [sufocar] outro lume distinto".
Esta mesma quinta feira persoal da brigada de Laza vén de compartir diferentes imaxes e vídeos do seu traballo para conter o avance das chamas en condicións extremas.
#Brif Laza, (#BBFF del estado) #IFPradoalbarVilariño
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) July 21, 2022
Así estamos sufriendo por humo.Para q luego digan q no hace nada. No solo s necesario Estatuto básico,tiene q ser algo más q BÁSICO,tiene q venir acompañado d mejoras reales. ¿Son estas imágenes acordes a nuestras condiciones? pic.twitter.com/rOquyIgFcR
Un espazo de enorme valor ambiental
O parque do Invernadoiro é un lugar de grande importancia ecolóxica na Galiza tanto pola singularidade dos seus ecosistemas como pola súa morfoloxía e paisaxe.
Pertence ao Goberno galego desde 1984 e foi declarado parque natural en 1997. No seu interior non existen núcleos habitados. Os principais hábitats son os breixos, pero tamén de elevado interese son as carballeiras e os bosques de acivros. Cunha rica diversidade biolóxica, o lobo e a aguia real atópanse na cima da cadea trófica.
A esto nos estamos enfrentando hoy #Brif Laza en el Parque Natural Do Invernadoiro, Pradoalbar #IFPradoalbarVilariño pic.twitter.com/OeLfLbUfEc
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) July 21, 2022