26% da poboación albo a vacinar segue sen ningunha dose mentres os contaxios se multiplican

Un total de 1.817.055 persoas na Galiza recibiron cando menos unha dose da vacina contra a Covid-19, polo que 25,98% da poboación albo a vacinar fica aínda á espera da primeira inxección. E todo, ao inicio dunha semana en que se computan 1.086 casos activos, dobrando os que había hai sete días. 

Alberto Ortega  Europa Press
photo_camera 1.817.055 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en toda a Galiza, o que constitúe 74,02% da poboación albo a vacinar (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
Comentarios