O 25-N desconfina a loita contra o machismo

A pandemia que marca desde hai oito meses o ritmo da vida no planeta modificou onte a imaxe das mobilizacións do 25-N, marcadas nesta edición polas distancias, a prevención e as máscaras. Mais o coronavirus fixo, neste tempo, moito máis, ao cargar sobre as mulleres uns coidados que se volveron cruciais para a supervivencia, agravando a fenda laboral e illando aínda máis as vítimas da violencia machista. Contra a desigualdade, Galiza volveu hoxe levantar a voz para pór no foco un problema que non é individual, senón social e político, e que debe ser prioritario para as Administracións públicas
A Coruña mobilizouse contra o machismo (Arxina)
photo_camera A Coruña mobilizouse contra o machismo (Foto: Arxina)
Comentarios