(Mal)vender o noso monte: a fenda aberta da minaría

Vale máis unha terra con árbores nos montes, que un estado con ouro nos bancos. Palabras de Castelao que non acaban de callar na Galiza de hoxe. O rural en que el viviu está morto agora e tratarmos de o resucitar semella unha idea trasnoitada. O verde é a cor do politicamente correcto. Os brazos de Morfeo rodéannos entrementres ouvimos discursos xa gastados onde nos repiten que non podemos renunciar ao progreso. Mais, que é o progreso?
photo_camera Faixa á entrada do lugar de Corcoesto, no concello de Cabana [Maia]
Comentarios