-Vostede procede do ámbito da normalización lingüística, presidiu a CTNL e foi socio da Mesa até ben pouco. Que o levou a se poñer á fronte da política lingüística do PP?
Era xa coordinador da Rede de Normalización Lingüística que puxera en marcha a secretaría. Son da idea de que se queremos proxectar o futuro e planificalo temos que implicarnos. A realidade sociolingüística e sociopolítica é a que temos e, se che dan oportunidade e cres que o podes facer, por que non poñerte? O que sopesei foi a situación de conflito político e unha etapa economicamente moi difícil, cos orzamentos que se foron recortando. Cunha negociación previa, acepteino.
-A redución de orzamentos foi duramente criticada. Pódese tirar do recorte a pouca preocupación pola normalización do goberno de Feijóo?
A redución é severa mais tamén é certo que non é nin maior nin menor que a doutras áreas de goberno porque o que se reduciron foron os orzamentos da Xunta e iso fixo que solidariamente tiveramos que tomar a decisión de baixalos. Mais tamén nos reinventamos e fomos quen de manter a estrutura. Non se pecharon centros de exterior, non se reduciron liñas de axudas... e mesmo agora incrementamos axudas a empresas editoriais.
A íntegra da entrevista tela ao teu dispor no número 143 de Sermos Galiza, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.