Transformar leite como forma de vida

Diversos proxectos locais pulan pola xeración de valor engadido para o leite através da súa transformación en queixos, iogurte ou xeados.

Arqueixal
photo_camera [Imaxe Arqueixal]

Galiza é a maior produtora de leite de todo o estado e o terceiro territorio da Unión Europea. Porén, tamén lidera o ránking dos que perciben o prezo máis baixo en orixe. A crise do sector lácteo deixou en evidencia que o seu futuro pasa por apostar na xeración de valor engadido afastándose dun modelo excedentario que envasa case exclusivamente cartóns de leite crú. 

Nesta liña foron históricas demandas como a do grupo lácteo galego, defendido polo nacionalismo, e algunhas propostas coñecidas nos últimos días e impulsadas polos colectivos de gandeiros

Porén, na Galiza agroman múltiples proxectos que desde o local están a apostar na produción de derivados. Unha fórmula que malia as innovacións introducidas bebe directamente da tradición popular. 

Eis o caso de Arqueixal, un proxecto integral que vai para alén da produción e comercialización de queixos, iogurte e leite fresco para se abrir ao ecoagroturismo ou turismo consciente. 

Con José Luís, o seu fundador, conversamonos no nº180 do semanario en papel -nos quiosques esta quinta feira 21 de xaneiro- nunha reportaxe da que tamén fai parte Jesús Otero da Granxa O Cancelo, unha iniciativa que ten como obxectivo demostrar que hai futuro arredor do leite. Da explotación que xire saen xeados artesáns mais tamén coñecemento através de programas de formación e asesoramento para outras granxas. 

Podes ler a reportaxe 'O leite, para alén das industrias' no novo número do semanario. Á venda a partir desta cuarta feira á noite na nosa loxa e da quinta feira nos puntos habituais de venda. 
 

Máis en Só en papel
Comentarios