Sermos Adega lévanos á Eira da Xoana

O caderno elaborado pola asociación ecoloxista acompaña o semanario en papel, á venda esta quinta feira. 

sermos_adega3

Esta semana o xornal en papel inclúe nas páxinas interiores o caderno Somos Adega, un monográfico sobre ecoloxismo e ambiente elaborado pola Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza. 

Oito páxinas que nos achegan á Eira de Xoana, un espazo recuperado polo colectivo que integra múltiples e diversas actividades. "Un lar para quen ama a cultura e a natureza", en verbas dunha das súas impulsoras e valedoras, Adela Figueroa. Voces como a súa, explican que é para elas este recuncho ao que moitos acoden para tomar "contacto co rural, ver e aprender a forma de vivir de aquí", sinala Marcial Barral, veciño, coidador e dinamizador da Eira. 

Da man do arqueólogo, Antón Malde, coñecemos o Castro de Remonde, un "recinto fortificado" sito la ribeira do Pambre, fronte ao castelo que leva o mesmo nome, e no que Adega está a traballar. 

Pola súa banda, o biólogo Xurxo Mouriño descóbrenos a biodiversidade da zona. Aliás, inclúense algunhas das actividades desenvolvidas nos arredores da Eira e outras postas en andamento por Adega. 

Finalmente, na contracapa, Baldomero Iglesias, Mero, descríbenos o que para el é "ese lugar idílico". Queres saber cal é? 

Máis en Só en papel
Comentarios