#sermosgaliza147: A Galiza que emerxe do 24M

Adicamos 9 páxinas a debullar os resultados das detrminantes eleccións do 24 de maio, con entrevistas, artigos de opinión e ‘sanedrín’ de analistas. Ademais, entrevistamos Eva Veiga, bailamos con Carapaus, percorremos a Terra da man de Xea, a crítica de cinema e de libros... e moito máis. Xa na nosa loxa.

unnamed

O nº147 do Sermos Galiza xa está nos quioscos e na nosa loxa, cunha especial atención ás eleccións do 24 de maio, uns comicios con moitas cuestións onde por o foco informativo. Un especial no que contamos con artigos de Xosé Mexuto, Pilar Gª Negro, Suso de Toro, Antón Baamonde e José Luis Gómez. E entrevistamos Xulio Ferreiro (“"Os procesos de unidade foron premiados o 25M"), Rafael Cuiña ("A saída de Louzán é a mellor nova que tivemos na nosa terra") e Bieito Lobeira ("Un cambio en Galiza, para ser real, ten de ser nacionalista").

Reunimos o ‘sanedrín’ de analistas para ter a súa opinión sobre o 24M, contando coas opinións de Antón Losada, Silvia Fraga, Xosé M. Pereiro, Carlos Neira, María X. Porteiro, Antón Baamonde, Aurélio Lópes e Miguel Bastos.

O paulatino proceso de desindustrialización de Galiza ten na comarca de Ferrolterra un dos seus expoñentes máis claros. Unha cuestión que analizamos en ‘Coñeza o im-patrimonio industrial das Pontes’. Neste número entrevistamos Gonzalo García de Vitoria, adestrador do clube ourense baloncesto, que afirma que “a chave está na capacidade do grupo para se repoñer".

En ‘Dépor, o clube que remontou a autodestrución’: Lastrado polos problemas económicos, e após un grave conflito entre directiva e seareir@s, o Depor consegue unha agónica salvación e proxecta xa o futuro.

Na sección Viaxes na Miña Terra subimos da man do colectivo Xea o monte Xesteiras, percorrendo polas lindes dos concellos da Estrada, Cuntis e Valga.

“Os meus libros son conmocións”

Entrevistamos Eva Veiga. Tres días despois de ter recollido en Lugo o premio da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) na modalidade de poesía polo seu libro ‘A distancia do tambor,’ considerado como o mellor do pasado ano no xénero, a poeta Eva Veiga recibía a noticia do premio Concello de Carral para o seu oitavo libro, ‘Soño e vértice’ do que publicamos un adianto editorial.

Neste número achegámonos cabo dos Carapaus: Emilio Lois, Oli Xiráldez, Adrián Lareo, Gustavo Couto e Sabela Galbán, cinco “peixes” que son quen de armar festas das boas coa súa música e ilusión.

En Okapi, achegámonos a ‘Sira e o robot. Adventures on Titan (Xerais)’, que nos leva á Galiza bilingüe galego-inglés de 2050. Con música e unha historia de aventuras a través do espazo, os autores Mark Alan Wiersma e Miguel Mosqueira convidan a aprender inglés sen complexos e de maneira divertida. E na contra-capa falamos de As Maianas, o novo valor do Festigal'15.

Todo isto, e moito máis, neste #sermos147

Máis en Só en papel
Comentarios