#sermos227: Reformas laborais na UE, pasos atrás para o traballo

Máis un novo semanario na rúa. Entrevistamos Xulio Ríos, falamos da liberación dos dereitos de Villa-Inclán, achegámonos á figura de Xosé Velo, debullamos as augas turbias do transporte interurbano... todo isto, e máis, xa na nosa loxa.

O mapa do transporte interurbano na Galiza apenas mudou en medio século. Un sistema baseado en concesións en réxime de monopolio que se remonta aos anos 50. En marzo, unha sentenza do Tribunal Supremo anulou a ampliación durante dez anos de 129 das 144 rutas que cobren o país. Unha resolución que empurra a Xunta a adxudicar de novo boa parte das concesións e que reabre o debate sobre que modelo de transporte interurbano precisamos. Contámoscho en 'Un bus sen futuro. Indicios de corrupción no sector'.

SG277'Xosé Velo, rebelde con causa'. A piques de rematar o 2016, retrocedemos cen anos para chegarmos ao nacemento de Xosé Velo e botar luz sobre unha figura que destacou como dirixente xuvenil nacionalista, poeta e patriota resistente ao fascismo e que tomou o nome de Carlos Xunqueira de Ambía cando se erixiu como comandante do barco “Santa Liberdade”.

Axudar a sanear as economías municipais, favorecer o mantemento do emprego local, reforzar a autonomía municipal e simplificar a tramitación son os principais obxectivos do plan. 'A Deputación da Coruña impulsa un novo plan de apoio aos concellos dotado con 74 millóns'.

'Pactan en Madrid, pactan aquí'

A grande coligazón na sombra no Estado avanza sen pausa. PP e PSOE non só acordaron teito de gasto e déficit das comunidades autónomas, senón que abren agora a billa dunha reforma constitucional. Leiceaga acompaña eses pasos oferecendo un consenso a Feijóo sobre financiamento. 'Pactan en Madrid, pactan aquí'.

'Lores revólvese contra a pinza'. Unha alianza anti natura puxo os orzamentos do goberno de Pontevedra contra as cordas, un ataque sen precedente a un modelo de cidade exitoso e cun amplísimo recoñecimento internacional. A resposta de Lores non se fixo esperar. Tamén na sección de política, 'Villares salva o match point'.

O 84,5% do pobo catalán continúa apoiando a celebración da consulta sobre a independencia. '2017: Operación Referendo en Catalunya'. O xiro cosmético da política do Goberno español face Catalunya non tivo apenas efectos. A “Operación Diálogo” liderada pola vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría non se concretou en ningunha proposta ou decisión. O procés soberanista prosegue a súa marcha encarando a súa fase final, que desembocará na realización dun referendo vinculante

Xulio Ríos

Entrevistamos Xulio Ríos. É unha das voces máis autorizadas á hora de falar da China. En China Moderna. Unha inmersión rápida (Tibidabo Ediciones), o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) aborda o proceso de modernización da segunda potencia mundial en chave histórica, explicando a súa raíz, mais ao tempo poñendo o foco no presente e albiscando os reptos de futuro que encara. “Para comprendermos a China temos que ler a letra pequena”.

'O ano que cambiou o escenario mundial'. No derradeiro número do ano, Sermos Galiza bota a ollada atrás para ofrecer unha sintética retrospectiva dos principais feitos e acontecementos que caracterizaron o devir internacional no 2016. Do levantamento das sancións contra o Irán até a vitoria de Donald Trump, pasando polo Brexit, o impeachment no Brasil ou a liberación de Arnaldo Otegi. Un ano intenso en que a axenda internacional foi determinante.

Anos de crise e anos de reformas laborais, leis e medidas que, coa desculpa de superar a gran recesión, deixan unha Europa máis desigual e precaria. E aquí non hai país que sexa excepción á regra. 'A volta a Europa en oito reformas laborais'. En Análise, 'Novas demandas para o rural galego (e III)'.

O 2017, 151 aniversario do seu nacemento, si vai ser o auténtico ano Valle-Inclán grazas á liberación de dereitos de autor que deixa sen valor a prohibición da familia de ser representado en galego. Así que o autor arousán será a estrela das táboas neste ano que entr. 'Agora si, Valle-Inclán'.

En 'andar e ver', imos co colectivo Xea até as sobreiras do Faro. Xan G. Muras tráenos. E na contra-capa, O Pedegral de Irimia e no selfie, Pilar Fernández.

Entre as colaboracións e achegas: Mario Regueira, Andrés Castro, Marilar Alexanfere, Guillerme Vázquez, Iago Varela, Uxío Breogán Diéguez, Olalla Ledo
 

Máis en Só en papel
Comentarios