#sermos199: Reino Unido: in ou out?

Entrevistamos Xulio Ferreiro, falamos da importancia do público infantil para a cultura galega, contamos toda unha época e unha loita a través dunha fotografía de encarapuchados, achegámonos a todo o que está a pasar en Francia... Isto, e máis, neste semanario, xa na nosa loxa.

A Unión Europea está inmersa na que moitas e moitos especialistas cualifican como a súa peor crise desde os anos 70. A convocatoria dun referendo no Reino Unido para decidir a súa permanencia na organización comunitaria está a provocar un maremoto de consecuencias moito máis impredicíbeis que as que presidiron o proceso anterior, en xuño de 1975, e que rematou coa ratificación, por parte do 67% da poboación inglesa, do acordo de adhesión asinado apenas dous anos antes. En 'Brexit, a crise definitiva da UE?' analizamos este referendo, sen nos esquecer da opinión dos galegos que residen alí.

sg199O Sergas deixará sen uso 936 camas hospitalarias este verán, cifra que a CIG-Saúde eleva a 1.200. Este verán volverán ficar sen uso centos de camas na rede hospitalaria pública galega. Unha medida inicialmente xustificada pola realización de obras nas instalacións, mais que actualmente serven como fórmula de redución do gasto, segundo as organizacións sindicais. 'Camas sen doentes, doentes sen cama nos hospitais galegos'.

En 'Memoria dun secuestro' recuperamos a historia existente nunha fotografía emblemática da loita obreira galega, dunha acción a bordo dun catamarán na Ría de Vigo. Unha imaxe que pasou á historia e que revisamos da man dun dos seus protagonistas.

“A candidatura para as galegas ten de ser de consenso”

Entrevistamos Xulio Ferreiro (A Coruña, 1974), alcalde da Coruña, no seu despacho do Pazo de María Pita, un maxestuoso edificio de ar neoclásico. “Na Marea Atlántica estamos apostando por un proceso de confluencia horizontal e democrático, baseado na multitude de proxectos municipalistas que hai no territorio e que debería integrar os partidos políticos de ámbito nacional”.

Se un país perde 8.464 millóns de euros desde 2009 até hoxe é que algo non funciona ben co seu sistema de financiamento, razoa o BNG, que propón o cupo como alternativa ao “espolio”.

'O G7 aposta no retorno ao mundo unipolar contra Rusia e China'. A declaración final do seu terceiro encontro após a expulsión de Rusia en 2014 insiste nas sancións contra Moscova. O G7 avala o Xapón e toma partido contra Pequín no litixio aberto no Mar da China.

Barack Obama recusou pedir desculpa ao povo japonês e procurou sem vergonha culpar a humanidade do crime praticado pelos EUA, iludindo a raiz de classe do holocausto da população de Hiroshima. 'Obama en Hiroshima'.

'A loita obreira reaxe en Francia'. Sete sindicatos, liderados pola CGT, plantan cara á reforma do código de traballo imposta por decreto polo Executivo de Manuel Valls. A unidade sindical e a confluencia con outros sectores, como o movemento estudantil, está a xeneralizar e intensificar o conflito social en vésperas da Eurocopa.

'O negocio da obra pública nunha Galiza en ano electoral'. 7.600 millóns de euros adxudicados no último lustro. As licitacións do goberno galego aumentaron un 40% no primeiro trimestre; as do Estado, un 73%. En 'Que futuro demográfico nos agarda? (I)' contamos que seremos menos, máis vellos e ocuparemos unha fracción menor do territorio.

Recoñecíao hai pouco Víctor Freixanes, director de Galaxia. Neste tempo de crise a literatura infantil e xuvenil foi “un osíxeno importante”. Pero non só no sector do libro, senón que os produtos e os espectáculos dedicados ao público máis novo en todos os ámbitos foron os que mellor superaron os envites da crise, converténdose no sector máis dinámico da cultura galega neste momento. 'O público infantil, osíxeno para a cultura galega'.

En 'andar e ver' imos até as lagoas e humidais da Terra Chá, un roteiro acaído para a primavera. En 'Os exilios de Teresa Alvajar' Aurora Marco. “Levaba nos ollos a Galiza amada e pendurado do corazón, non un mapa, senón un voluminoso atlas da saudade”.

Na selfie-entrevista, Xurxo Lobato. E non faltan neste semanario, as críticas de Mario Regueira, Andrés Castro e Lola Dopico. Uxío-Breogán Diéguez fálanos dos 'Congresos obreiros galaicoportugueses. 115 aniversario (II). O II Congreso'; e Iago Varela de 'Eiro, o robot galego para aprender programación'. Marilar Aleixandre escrebe sobre a misoxinia e Guillerme Vázquez, sobre o Sahara. 

Podes adquirir este número, e outros anteriores, na nosa loxa.

Máis en Só en papel
Comentarios