#sermos188: o ensino privado vive das subvencións

Europa dá luz verde ás deportacións masivas, entrevistas a Rubén Cela e Helena Villar Janeiro, as outras xestións do lixo... Todo isto e moito máis na nova entrega do Sermos, a 188, xa disponíbel na nosa loxa.

O modelo de ensino concertado cumpriu máis de tres décadas sen perder vixencia, reforzado polas sucesivas reformas educativas. Un modelo que divide os actores educativos entre os que o consideran unha forma de privatización e aqueles que pensan que é un dereito das familias e das empresas. Segundo os últimos dados do Ministerio de Educación, o ensino privado-concertado representa na Galiza un 14,3% dos recursos que destina a Administración a ensinanzas non universitarias, un total de 246 millóns de euros anuais. Debullamos esta cuestión polo miúdo en 'O peso do ensino concertado'.

Os restos orgánicos representan o 40% do lixo que producimos, é o que máis pesa e polo que máis pagamos Concellos galegos como San Sadurniño, Allariz e Pontevedra desenvolven outro sistema de recollida e aproveitamento dos residuos que ten como obxectivo superar o modelo Sogama e encamiñarse cara á redución e á reciclaxe. En 'Lixo, a xestión dun recurso que se tornou negocio'.

SG188'O galego, no punto de mira da Administración local': Após a concentración de Queremos Galego ás portas do Concello de Lugo en apoio á ordenanza do uso do galego, comeza unha xeira de mobilizacións en defensa da lingua que terán o seu punto álxido no acto nacional que a asociación prepara para o 17 de maio.

Rubén Cela

A prisión de Teixeiro, baixo lupa por torturas A oposición (PSdeG, AGE, BNG e o Grupo Mixto) avanzou que se sumará á solicitude de Esculca para que o Comité para a Prevención da Tortura visite Teixeiro. Pola súa banda, o PP non se pronunciou até o momento. A opacidade da prisión impediu mesmo a deputadas visitar a cadea en 2015.

Entrevistamos Rubén Cela, unha das novas caras da Executiva Nacional saída da XV Asemblea do BNG. “O BNG desde logo está para sumar e para multiplicar, mais non estamos dispostos a nos diluírmos... non estamos dispostos a nos supeditarmos nen a Génova nen a Ferraz nen á Complutense”.

O 20D modificou radicalmente o panorama político estatal. O politólogo Manuel Anxo Fernández Baz analzia neste semanario os novos trazos dun taboleiro endiañadamente complexo e pendente da hipótese de nova convocatoria ás urnas.

Duarte Correa escrebe neste número como as forzas progresistas da rexión discuten como reaxir ao cambio de ciclo que proclama a dereita. 'Final do ciclo progresista en América Latina?'

'Europa fecha fronteiras aos dereitos humanos'. Os 28 acordan abonarlle a Turquía 6.000 millóns de euros para se desfaceren de milleiros de persoas refuxiadas. A UE decide blindarse e darlles as costas á crise das refuxiadas, que ten causa nos conflitos alentados polas potencias occidentais no Oriente Medio. A Comisión Europea limita a 72.000 as persoas de orixe siria ás que se lles concederá asilo nos próximos doce meses.

A crise dinamitou as estatísticas e índices que apuntaban cara a unha tendencia á converxencia da economía galega coas economías española e europea. Desta crise estamos a nos recuperar peor e máis lentos que a nosa contorna, o que se traduce nunha fenda económica que, ao mesmo tempo, é herdeira e responsábel de emigración, precarización e perda de peso económico. Contámoscho en 'Saír da crise pola porta de atrás'.

O esforzo inversor en Galiza nas actividades de I+D viuse quebrado en 2009. Neste ano deu inicio unha senda decrecente que fixo que se volvese a niveis de investimento do ano 2006. Falamos disto en 'Por que Innovación e Desenvolvemento?'.

“Eu non sei ver a vida se non é cos ollos de escritora”

Helena Villar Janeiro (Becerrerá, 1940), poeta nunha casa de poetas, vén de ser recoñecida como Escritora na súa Terra pola Asociación de Escritores-as en Lingua Galega. E elixiu Rianxo como a terra que lle recoñecerá os seus méritos literarios e de defensa da cultura galega, a vila que a acolleu, cando foi vivir á Casa da Escola de Abuín na procura do mar e da tranquilidade Entrevistámola neste número. “Eu non sei ver a vida se non é cos ollos de escritora”.

E moitas máis cousas: críticas de libros, de cinema e de música. En 'andar e ver' imos pola ruta máxica de Oia. Banda deseñada da man de Alfonso Barreiro, premio fin de carreira no curso profesional de BD 2015. Na selfie-enretvista falamos con Unai Brea, xornalista vasco con raíces galegas.

Máis en Só en papel
Comentarios