#sermos185: Madrid lúcrase cos portos galegos

Xa vai no prelo o nº185 do semanario en papel, cargado de reportaxes, entrevistas e informacións. Á venda xa na loxa. 

Esta semana no papel poderás atopar catro páxinas a respeito da situación que atinxe os portos galegos, actualmente baixo o control da administración española. Para alén de coñecer as cifras arredor das principais dársenas de Galiza afondamos nun elemento chave destes espazos botando a ollada ao ferrocarril, concretamente ás carencias que no seu deseño repercuten negativamente nos resultados dos nosos portos. 

Así mesmo, nas páxinas de Social falamos de street art, arte urbana, como ferramenta de combate á degradación urbana. Galiza é un referente internacional na recuperación de espazos a golpe de spray grazas a proxectos como o DesOrdes Creativas, o Rexenera Fest ou o ProxectoEwa. 

Aliás, repasamos o idilio entre a Xunta e a patronal do peixe plano lembrando as datas chave na lexislación da actividade acuicola. 

Tamén falamos da saúde das mulleres e da copa menstrual como unha alternativa ecolóxica aos produtos desbotábeis e un elemento chave na mellora das condicións de vida das mulleres do sur. 

Nas páxinas de Política debruzámonos sobre a XV Asemblea Nacional do BNG e conversamos coa recén eleita portavoz nacional, Ana Pontón

SG185En Internacional analizamos o resultado do referendo sobre a mudanza constitucional que impide a Evo Morales (Bolivia) optar á re-elección. O xornalista portugués, Bruno Carvalho, analiza a realidade política do país após os comicios do mes de outubro e falamos do referendo sobre a permanencia do Reino Unido na UE

Nas páxinas de Economía e Traballo falamos de ter emprego e ser pobre cando o salario non dá para chegar a fin de mes. Asemade e ás portas do 8 de marzo, analizamos a realidade laboral das mulleres da man do estudo da CIG. 

En Cultura tentamos responder a unha incógnita histórica. Quen era o arredista que coñeceu Ruth M. Anderson? E percorremos a ruta dos Caneiros da man do Colectivo Xea. Asemade, Xoán Quintáns (Caramuxo, O Revenidas) protagoniza a nosa selfie-entrevista. 

Á venda xa na noxa virtual. 

Máis en Só en papel
Comentarios