#sermos179: Os dados do retroceso en I+D+i, 1.400 investigadores menos

Radiografía da Investigación e desenvolvemento no país, o ano das Irmandades da Fala, entrevista Bieito Lobeira, unha mirada ao patrimonio somerxido, o mudeo do humor de Fene... Á venda xa na nosa loxa. 

sg

A I+D+i, determinante para o avance dun país, é unha das vítimas silenciosas do 'austericidio' perpetrado polo goberno do PP na Galiza ao abeiro da crise: 1.400 investigadores menos e unha fenda cada vez máis ampla con España e Europa. Falamos deste tema en 'A Xunta recorta en futuro'.

"Non está mal ser guapa, o que está mal é a obriga de selo" (Susan Sontag). Ana Miranda bota man da frase en 'Neninha!!!', un artigo no que reflexiona sobre os estereotipos da muller na política, algo que ela coñece ben.

A baza de Pedro Sánchez, se non logra o 'si' de Iglesias á súa investidura, é conseguir a abstención de Podemos coa idea de que a formación morada non vetaría o acordo para non aparecer como un partido isolado e sen capacidade de se asociar con ninguén. 'O PSOE ensaia con Podemos un hipotético acordo que evite repetir as eleccións'.

"Caemos, si, mais ímonos pór en pé, como sempre fixemos". É o que di Bieito Lobeira, secretario de organización do BNG. O BNG enceta un proceso de debate "aberto e participativo" nun trimestre no que ten Asemblea Nacional, nun ano de citas eleitorais, e após un 20-D cuns resultados que a propia organización cualifica de "negativos, sen paliativos". "Ninguén dixo que fose fácil ser nacionalista, mais sómolo", di cun sorriso Lobeira.

"A predición para os aeroportos galegos elabórase desde Santander"

En 'Predecir o tempo galego desde Madrid' falamos de como a día de hoxe Galiza é o único territorio que carece das competencias compartidas en materia de meteoroloxía. "A predición para os aeroportos galegos elabórase desde Santander".

'Patrimonio somerxido, moito por facer': A elaboración da carta arqueolóxica submarina de Galiza, en suspenso. A historia da localización e valorización do patrimonio somerxido galego está escri - ta na súa meirande parte por afeccionados e profesionais do mergullo e da arqueoloxía que, de xeito individual e cun espírito pouco menos que aventureiro, veñen traballando desde hai moito tempo neste eido e sen case recursos.

O goberno de Merkel prepara unha batería de medidas para punir as persoas refuxiadas após as violacións nas cidades de Colonia e Hamburgo. O movemento feminista denuncia que se usen as agresións para xustificar o racismo. Tratámolo en 'Agresións sexuais para limitar dereitos'.

2016, ano de efemérides

O libro 'En la espiral de la energía' analisa a evolución das sociedades humanas, desde as sociedades agrícolas igualitarias até o aparecimento dos valores agresivos do patriarcado, a dominación e a guerra. Manu Casdeiro explícanos os por ques. 'A imprescindible visión enerxética da historia.

'A loita de David Reboredo segue viva'. A familia e os axentes sociais que pelexaron polo indulto do vigués, cuxa causa tivo unha fonda repercusión social, reivindican cambios na lexislación e medidas alternativas para rematar coa criminalización das persoas con patoloxías adictivas.

O 2016 é un ano importante, un ano de efemérides co centenario das Irmandades da Fala e o Día das Letras Galegas adicado a Manuel María. Contámosche todas as novedades.

En 'Os 3 grandes retos do goberno independentista de Catalunya' Silvio Falcón, politólogo e asesor no Parlamento europeo, explícanos o novo escenario que se abre co acordo para nomear Carles Puigdemont como president da Generalitat.

En Viaxes na Miña Terra imos co Colectivo Xea polas terras do Castelo de Araúxo, sobre as poderosas penedías que se atopan entre os lugares da Vila e Araúxo, no territorio limiao que hoxe se encadra no concello de Lobios.

Desde Fene, con humor

Fene está a consolidar os alicerces da segunda xeira dunha non sempre ben valorada achega á cultura galega, o seu Museo do Humor. Unha experiencia que contamos neste número, e para a que contamos coa voz de Xaquín Marín, humorista.

E na contra-capa, os batuxos, unha embarcación tradicional que se empregaba nos ríos da zona de Lugo. Feitas con madeira de castiñeiro, ameneiro e biduaira cíase nelas ás troitas e anguías.

Máis en Só en papel
Comentarios