#sermos177: as incógnitas que o 20-D non despexou

 Debullamos os escenarios que se abren despois das eleccións: reportaxes, o 'painel de expertos', entrevistas e artigos de opinión para comprendermos que supuxo o 20-D. Á venda xa na nosa loxa.

sermos177

As eleccións do 20 de decembro deixan novos escenarios políticos e tamén incógnitas sen despexar. De todo isto, e máis, falamos neste número do Sermos Galiza. Pedimos a opinión para o noso 'Painel de expertos' a Manuel Bragado, Xosé M. Pereiro, Manuel Veiga, Elvira Souto, María Xosé Porteiro, Antón Baamonde, Aurelio Lópes e Miguel Bastos. Entrevistamos Yolanda Díaz e Pilar Cancela, deputadas eleitas por En Marea e PSOE, así como Xavier Campos, membro da comisión electoral de Nós-Candidatura galega. E non ficamos aí. En 'A quen lle interesan unhas novas eleccións?`' explicamos que PP e Podemos verían con bos ollos unha nova convocatoria eleitoral que o secretario xeral do PSOE tenta evitar para salvar a súa carreira política. E para completar a infortmación sobre o 20-D, artigos de Antón Losada, Suso de Toro, Pilar García Negro, Xosé Mexuto e Iolanda Teixeiro.

Mais neste número non só a política e as eleccións teñen presenza no sumario. Así, en 'Un financiamento local discriminatorio' contamos como os concellos galegos reciben 49 euros por habitante menos que a media do Estado. A realidade demostra, explícanos o economista Raúl Fernández Iglesias, que un muncipio como Málaga “recibe tanto como as sete cidades galegas malia ter a metade da súa poboación”.

As tradicionais luces e adornos brillan estas festas con distinta intensidade nas sete urbes do país, onde o gasto total baixou a respecto do ano pasado, abrindo un debate sobre o modelo. Tratamos esta cuestión en 'Un nadal de diferente voltaxe'.

'Unha sentenza que chega tarde para o naval'

O Tribunal de Xustiza da UE considera nulo o ditame de 2013 que declaraba ilegal o sistema de financiamento do sector, 'tax-lease', e que provocou o peche de encerramento de empresas e a perda de miles de empregos no país. "Foi unha reconversión encuberta do sector, a que non conseguiron nos 80", explícanos César Rodríguez, secretario do naval da CIG. Adicamos a este tema unha reportaxe a dupla páxina.

O persoal do Xulgado de Violencia Machista continúa en folga mentres o TSXG e a Xunta din que valorarán se existe sobrecarga de traballo. Porén, si será habilitado o terceiro tribunal de Familia para “desconxestionar” o colapso dos existentes.

Neste Sermos Galiza nº177 abordamos esta cuestión. O escritor Francisco X. Fernández Naval lembra Xosé Fernández Ferreiro, recentemente falecido. “Sempre considerei que Fernández Ferreiro era á literatura galega o que o bidueiro é na fraga". En Viaxes na Miña Terra percorremos da man do colectivo Xea a Serra do Quinxo. “Moitas veces contempláramos o suave perfil redondeado da Serra do Quinxo tanto dende a banda portuguesa como dende o val do Limia, na parte galega. Pero nunca gozáramos coa contemplación do mundo dende o seu cumio”.

Hinos da Lusofonía

“Da importância do sistema literário na conformação da identidade nacional dá ideia o facto de os próprios hinos nacionais serem obra, a letra, de alguns dos seus mais grandes literatos”. Así comeza 'Literatura para a militância nacional: hinos da lusofonía'. Entrevistamos Cristian Silva, gaiteiro: “Temos un concepto da gaita un pouco caduco”. ÉCoñecido polo gran público por ser o membro do xurado que fai o papel de malo no concurso 'Vai de gaita' do Luar., o carrilexo é un multiinstrumentista que vén de editaro seu primeiro disco, cuxo título, Ego, semella toda unha declaración de intencións. Na contra-capa, falamos do partido que este 26 de decembro se xoga para reivindicar a oficialidade da selección galega, un combinado que podería volver aos campos en 2016, segundo a Federación Galega de Fútbol.

Máis en Só en papel
Comentarios