#sermos174: todas as chaves da campaña

A nova lei do solo e a campaña electoral, neste número. Neiras Vilas e Chao Rego a través dos seus coñecidos, entrevista a candidatos electorais para o 20D... Todo isto, e máis, nun semanario que xa está na nosa loxa.

Sin nombre

Máis un número do semanario Sermos Galiza saído do prelo e que xa podes adquirir en quioscos e a nosa loxa. Entre os diferentes temas que tratamos está a Lei do solo. A nova norma inicia o seu trámite final no Parlamento.para substituír a vixente desde 2002, que sufriu unha decena de modificacións en apernas dez anos. O goberno defende unha lei que, di, vai "dar vida ao rural". Oposición e expertos discrepan e advirten que a nova lexislación supón un retroceso. Contámoscho en 'Un urbanismo de costas ao territorio'.

En 'A campaña xa está aquí. E Galiza?' achegámonos nunha dupla páxina ás cinco chaves da carreira de 15 días cara ao 20D que porá a proba o réxime de 1978 e a capacidade ou non do país para manter o seu perfil político. As eleccións tamén son tratadas polo escritor Suso de Toro no artigo 'A España deseñada, a 'Retransición''.

Entrevistamos Carme Adán (nº1 de Nós por Pontevedra), Alexandra Fernández (nº1 de En Marea pola circunscripción pontevedresa) e Margarita Pérez (candidata do PSOE por Lugo). Tres mulleres coas que falamos do 20-D.

O Tribunal Supremo paraliza o plan pola ausencia dun informe ambiental tras sete anos en vigor. O fallo deixa os principais eixos urbanísticos da cidade nun limbo legal. Falamos disto en 'Un recurso veciñal toma o PXOM de Vigo'. Non é a única didade en ter cabida neste número. 'Pontevedra, a cidade sostíbel e internacional': a cidade do Lérez foi convidada á cimeira internacional do clima polo seu modelo urbano e o compromiso medioambiental após recibir máis un premio en Hong Kong.

Olga Novo

Na sección 'Lugo é letras' Carlos Negro fálanos sobre a poeta Olga Novo, 'a guímara do Amor'. “Olga Novo: a deusa campesiña que hoxe comparte con nós retallos dun diario de lava. Ese que nos vai levando desde A teta sobre o sol (Edicións do Dragón, 1996) ata Cráter (Toxosoutos, 2011), con Nós nús (Xerais, 1997) e A cousa vermella (Espiral Maior, 2004) como chanzos esenciais no camiño. E sen renunciar nunca á unión libre con outras artes e pescudas filolóxicas”.

E da man do colectivo Xea en Viaxes na Miña Terra percorremos Zobra, unha parroquia de Lalín que agocha unha chea de singularidades que a fan moi atractiva para visitala con detemento, para percorrer os seus longos camiños e as súas afastadas aldeas.

A perda de dúas figuras referenciais da cultura galega

O pasamento de Neira Vilas e Chao Rego tamén é tratado neste número. Artigos de Marga do Val ('Neira Vilas: o neno labrego, o novo cronista de Indias') e de Alfonso Blanco Torrado ('Pepe Chao: un profeta'). E entrevistamos Ramón Regueira, biógrafo de Neira Vilas, que recoñece que “todos vimos como estivo rodeado de Manolitos na súa morte'.

Culturgal, críticas de cinema e literatura, contra-capa, seccións como Internacional... Todo isto e máis nun número que xa podes obter na nosa loxa

Máis en Só en papel
Comentarios