#sermos163: Historias de refuxiad@s

O xornalista Cristian López e o fotógrafo Felipe Carnotto, enviados espaciais de Sermos Galiza, contan desde a fronteira entre Grecia e Macedonia a traxedia dos refuxiados. Unha reportaxe desde o terreo e que non deixa indiferente. Podes adquirilo xa na nosa loxa.

SG163 boa

“Malek Khawan traballaba nunha organización non gubernamental de axuda a persoas refuxiadas. Hoxe é unha delas”. Así arranca 'Un éxodo masivo percorre Europa', a reportaxe que o xornalista Christian López e o fotógrafo Felipe Carnotto, enviados especiais de Sermos Galiza, fan desde a fronteira entre Grecia e Macedonia. Tres páxinas de xornalismo a pé de terreo para nos contar con palabras e imaxes a historia dos refuxiados. Homes, mulleres e crianzas anónimas que están a protagonizar un verdadeiro éxodo. Acompaña a reportaxe un artigo de Thyerry Meussan, presidente-fundador da 'Rede Voltaire': 'A falsa crise dos refuxiados'.

A loita dos gandeiros por un prezo xusto para o leite segue a ser tratada no SG. 'A semana na que os gandeiros bloquearon a industria oara defender o leite galego' é a dupla páxina na que falamos con gandeiros e representantes de organizacións agrarias sobre a nova fase na que entra o proceso.

Teresa Moure e 'Ostrácia'

Entrevistamos a escritora Teresa Moure e publicamos en exclusiva un adianto editorial de 'Ostrácia', a súa nova novela, que vai ser publicada por Através Editora. “O Amor escríbese en maiúsculas e o amor é entrega”.

Non é a única entrevista. Conversamos como Manuel González Moreira, da Plataforma Galega en Defensa da Sanidade Pública. “Había un proxecto público para o hospital de Vigo que están a ocultar". Conversamos tamén con Rober Amado, foto-xornalista que vén de tirar do prelo un traballo de investigación sobre as tráxicas consecuencias do amianto na comarca de Ferrol. “Hai persoas que non saben que están afectadas”. Outra entrevista que podes ler neste número do semanario é a Pela del Álamo, cineasta e director de Cortocircuito. “O novo cinema galego está moi vivo, aínda que en breve deixará de ser novo'.

En Viaxes na Miña Terra viaxamos até a illa de Bensa, na Ría de Arousa, da man do colectivo Xea. En Internacional deitamos a mirada sobre as eleccións gregas, que decorren este domingo 20. Falamos delas en 'Grecia, unha campaña de perfil baixo'.

Conservas, Edwire Renée Dro e Familia Ferro

En 'Traballadoras da conserva exixen un convenio digno'. A conserva galega representa o 90% da produción do sector no conxunto do Estado e o 80% do persoal. Porén, as condicións laborais e salariais continúan reguladas baixo un convenio de ámbito estatal. 'A asemblea da ACB decide xa sobre o ascenso en diferido do COB'. Os clubes, entre eles o Obradoiro, deben ratificar o preacordo alcanzado entre as partes a semana pasada.

E en 'Edwige Renée Dro': a escrita na perspectiva do compromiso'. Se pensarmos en escritora africana, menor de 40 anos, con produción en francés e inglés, crítica co papel das potencias Occidentais en África, o resultado é Edwige-Renée Dro. En 'Cen anos de amor aos zocos na familia Ferro'. “Hoxe Eferro fabrica 4.000 pares de zocos ao ano, emprega a oito persoas e é unha referencia da artesanía".
 




 

Máis en Só en papel
Comentarios