#sermos159: ataque á democracia en Boimorto

Entrevistamos Xosé L. Rivas, 'Mini', alcalde destituído por unha moción de censura; o ciclista Gustavo Veloso, achegámonos ás mulleres nacionalistas que loitaron contra Franco, falamos da poesía africana que vai ao móbil... todo isto e máis, neste número. Xa na nosa loxa.

SG159_01A

O Partido Popular arrebatou a alcaldía de Boimorto ao BNG cunha moción de censura que vulnera o pacto anti-transfuguismo e a Lei eleitoral. Os nacionalistas interpuxeron un recurso no Tribunal Contencioso. Contámosche os argumentos ademais de entrevistar Xosé L. Rivera, 'Mini': “A moción en Boimorto é unha operación mafiosa, haxa ou non haxa cartos”. É o tema da semana deste Sermos Galiza nº159, que podes adquirir nos quioscos e liberías e na nosa loxa.

En 'O parque empresarial de Morás, un deserto de 80 millóns' falamos como as administracións do PP apostaron no polígono privado de Vío, e non no público de Morás, como zona loxística do porto exterior da Coruña.

Besteiro só sobrevivirá politicamente se é desimputado pola xuíz, mentres José Blanco e a ex conselleira María José Caride agardan quenda entre bambalinas. Un asunto que tratamos na reportaxe 'Quo Vadis, PsdeG?'.

Dependencia.

Neste número achegámonos aos 12.426 galeg@s no 'limbo' da dependencia', e dos perigos do novo hospital de Vigo. En 'Mulleres nacionalistas contra Franco' a investigadora Cilia Torna fala de que hai que “hai que dar voz á historiadas mulleres que ergueron sindicatos, organizacións, asociacións culturais...”.

Entrevistamos Gustavo Veloso, ciclista galego que gañou en dúas ocasións a Volta a Portugal: “En Portugal síntome valorado, como na casa”, dinos. E confesa: “Prefiro cinco horas enriba da bici que cinco diante da pantalla dun computador”.

Poesía africana

En 'Poesía africana vai ao móbil: Badilisha Poesía X-change' falamos de como a rede dispoñibiliza a obra do maior colectivo de poetas do continente. “Badilisha Poesía X-Change, o maior colectivo de poetas africanos en liña de todo o planeta. A plataforma, afincada en África do Sur, conseguiu”.

Un grupo de rapazas e rapaces de Narón crea unha asociación cultural sen agardar antes a ter apoios das administracións. É Kómma Cultural, cos que falamos neste número do semanario. E en Viaxes na Miña Terra visitamos co colectivo Xea a Pedra formosa de Galegos.

E na contra-capa, 'Tres días baixo o volcán... en Vilaxoán'. Preparándonos para As Revenidas.

Máis en Só en papel
Comentarios