#sermos153: Grecia, un novo resgate como horizonte

Entrevistamos Saleta Goi (presidenta Fundación Manuel María), falamos dos servizos sociais alén do asistencialismo, preguntámonos que hai detrás do turismo ‘crucerístico’, miramos que é o que se está a mover no teatro galego... Todo no número 153 do semanario, disponíbel xa na nosa loxa.

unnamed

Máis un número do Sermos Galiza, o 153, saído do forno e xa nos quioscos do país e na nosa loxa. O triunfo do 'non' no referendo grego sentou tan mal no 'establishment' europeo que convida a plantexar se a vitoria do 'OXI' inaugura unha nova etapa na UE ou ben se impón a continuidade do modelo previo pequenas variacións. Un tema que tratamos na reportaxe ‘Grecia explora os límites da UE’. Información que vai acompaña da opinión de Gonzalo Rodríguez (economista), Antón Losada (profesor de CC. Políticas na Universidade de Compostela), Eloy Miranda (galego que está en Grecia) e Alba Nogueira (profesora da USC).

Entrevistamos Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños. “Nunca me agochei como se agochan outros para esconderen a súa ideoloxía, nin cambiei de chaqueta”.

‘A loita contra a pobreza: asistencialismo ou acción política’. Debruzámonos sobre esta cuestión a partir do debate arredor da abertura de comedores escolares para paliar a pobreza infantil en verán sitúa riba da mesa a disección das políticas sociais.

‘Cruceiros na Coruña e Vigo: un modelo turístico beneficioso?”. Máis da metade dos turistas non recordaba os lugares que visitou en Galiza e para tres de cada catro non foi importante á hora de contratar a ruta. Continúa sen se fechar a polémica sobre se a presenza de grandes navíos de lecer nos portos galegos dinamiza a economía local ou contribúe para degradar os espazos urbanos.

En deportes falamos da situación do COB Ourense: o clube ourensán recorre ao Tribunal Administrativo do Deporte para ser inscrito na ACB.

‘O teatro móvese para tomar as rendas do seu futuro’. En poucos días, Escena Galega pasou de agrupar 17 compañías teatrais ás 40 que conta a día de hoxe. Responde a unha “acción colectiva” que definen como histórica e que ten como obxectivo mudar a situación do teatro galego coas súas propias mans.

"Será a sociedade a que marque como será o ano Manuel María"

Entrevistamos Saleta Goi, presidenta da Fundación Manuel María, que considera que que se adique a este autor o Día das Letras 2016 “ é normal, pois Manuel María é un creador con moita obra. Estou moi agradecida polo recoñecemento”.Un artigo da escritora Mercedes Queixas, ‘Ferrados de corazón, fanegas de alma’, sobre o poeta nacional tamén vai neste #Sermos153.

‘Poemas para saír do carreiro’. Ovella descarreirada (Xerais) é o libro que “desescribiu” Marilar Aleixandre con poemas que se poden ler desde idades temperás e que defenden o dereito á saír da tribo, á rebeldía e á desigualdade.

En Viaxes na Miña Terra percorremos co colectivo Xea ‘Dunas cheas de vida’. Dunas de Xuño, Corrubedo, A lanzada... E na contra-capa, Peter Punk, que se nos vai para Polonia!

Máis en Só en papel
Comentarios