Sermos Galiza sae esta quinta feira con 48 páxinas, ao incluír a cuarta entrega de Somos Galego

Entrevista ao presidente de ‘Kontseilua’, a mobilización do 17, campañas polo idioma... Todo isto e máis neste suplemento, en vésperas do Día das Letras Galegas 2015.

galego

O semanario número 145 do Sermos Galiza sairá esta quinta feira a rúas e quiosques co suplemento ‘Somos Galego’, editado froito da colaboración entre Sermos Galiza e a Mesa pola Normalización Lingüística.

Neste novo número inclúese unha entrevista a Paul Bilbao, de Kontseilua, co que, entre outras cuestións, debateremos a Capital Cultural Donosti 2016 e o seu impacto no idioma e cultura de Euskal Herria.

A mobilización nacional deste 17 de maio co gallo do Día das Letras é outra das cuestións. A convocatoria terá lugar baixo o lema Galego, garantía de futuro, porque, segundo indicou Marcos Maceira, portavoz da plataforma cidadá, a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua.

A canción “O abecedario” con letra e música de Magín Blanco tamén stará no supleemento. Esta canción complementa o libro O abecedario, con ilustracións de Óscar Villán, publicado pola Mesa pola Normalización Lingüística.


 

Máis en Só en papel
Comentarios