'Somos galego' volve ás rúas esta quinta feira

O suplemento coordenado pola MxL acompañará o xornal en papel esta semana.

Nel Vidal
photo_camera Nel Vidal

O Sermos Galiza desta semana incluirá o suplemento editado en parcería coa Mesa pola Normalización Lingüística. Disponíbel a partir da cuarta feira na nosa loxa e a quinta nos puntos de venda habituais, inclúe unha entrevista con Nel Vidal, presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL). 

Con el afondamos nun dos últimos proxectos postos en andamento polo colectivo, Apego, dirixido á normalización da lingua galega entre as crianzas através do seu uso no ámbito familiar. Unha iniciativa posta en andamento man a man cos concellos.

Aliás, explicamos o programa Tosta Cargo 2016, arredor da diversidade cultural e lingüística que se organiza en Donosti. Tamén inclúe, toda a información sobre a Iniciativa Lexislativa Popular para a recuperación da obra plástica de Castelao que o PP rexeitou no Parlamento e da última visita da Mesa ás Nacións Unidas na defensa dos dereitos lingüísticos do pobo galego ou a discriminación padecida por unha rapaza na escola hípica Casas Novas (Arteixo). 

Como en números anteriores continúa a sección asinada polo profesor Freixero Mato encamiñada a mellorar o uso do idioma e o consultorio en liña do galego. 

A Mesa pola Normalización Lingüística disponibilizou através do seu portal web os números anteriores do suplemento. 

Máis en Só en papel
Comentarios