#SERMOS143

Sermos dedica un A Fondo aos medios galegos polo Día da Liberdade de Imprensa

O caderno de análise contou coa colaboración de profesionais do sector, un AFondo143 que xa está dispoñíbel na nosa loxa

A Fondo 143-Liberdade de Imprensa

Un Día Mundial da Liberdade de Imprensa para poñer en valor o xornalismo alternativo e en galego. Sermos Galiza lanzou esta semana un caderno de análise baixo o título ‘Medios en galego e liberdade de imprensa: as voces afoutas’, co que reivindicar os medios en galego como piares imprescindíbeis para a existencia e refortalecemento do país.

Un A Fondo que contou coa colaboración de profesionais do sector como David Lombao, director do xornal dixital Praza Pública; Susana S. Recouso, xornalista da Televisión de Galicia; Aurélio Lopes, director de Irmandade TV; Montste Dopico, parte do consello de redacción da revista mensual Luzes e do director desta publicación, Xosé Mexuto.

Un A Fondo que contou coa colaboración de profesionais do sector como David Lombao, director de Praza Pública; Susana S. Recouso, xornalista da TVG; Aurélio Lopes, director de Irmandade TV; Montste Dopico, da revista Luzes e do director desta publicación, Xosé Mexuto.

“Ver o mundo desde Galiza como nación é tamén exercer a liberdade de imprensa e facelo desde un país que ten un perfil absolutamente diferenciado e problemas específicos non asimilábeis polo canon español. Esa é a liberdade de imprensa verdadeiramente emancipadora”, explica no seu artigo o director de Sermos Galiza.

Unha liberdade de imprensa que na Galiza está condicionada. Así o apunta David Lombao, que fala dos intereses políticos das administracións no reparto das subvencións. Porén destaca as numerosas iniciativas xornalísticas xurdidas no país ao carón da crise, algunha das cales fan parte deste caderno de análise. 

Dunha opinión similar é Aurélio Lopes, que explica as dificultades para crear medios alternativos, como o caso de Irmandade TV, que dependen da capacidade económica para obter os recursos -materiais e humanos- precisos para lanzar un proxecto comunicativo. Apunta á concentración de poder e a presenza de grandes grupos financeiros detrás dos medios. 

Presións que sofren, e denuncian dende hai tempo, os traballadores da televisión pública de Galiza. Novas silenciadas, pezas censuradas e noticias sobrevaloradas en función dos intereses partidistas. Desta forma describe a xornalista da TVG Susana S. Recouso a realidade dos medios públicos galegos. Apunta ao afán de control dos gobernos como obstáculo para unha prensa libre.

O caderno de análise telo ao teu dispor no número 143 de Sermos Galiza, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa

Máis en Só en papel
Comentarios