OBRA DE PEPE BARRO, VERá A LUZ O 4 DE FEBREIRO

A redacción de Sermos Galiza traballa xa co novo deseño do semanario

Sermos está a piques de mudar de pel. Como informamos no seu día, o semanario non acode esta quinta feira ao encontro coa súa comunidade leitora porque a redacción está a preparar o lanzamento do novo deseño, da autoría de Pepe Barro. Sermos retornará aos quiosques o 4 de febreiro.

Reunión redacción con Pepe Barro novo deseño Sermos
photo_camera Pepe Barro, coa redacción

A estrea do novo Sermos será a vindeira quinta feira, 4 de febreiro. Ese día chegará aos pontos de venda habituais e ás moradas das persoas asinantes do semanario un novo deseño, innovador e a toda cor, que leva a asinatura de Pepe Barro, un dos nomes fundamentais do deseño gráfico galego contemporáneo. As mudanzas non atinxirán só ao aspecto visual, senón que tamén envolven melloras sustanciais na calidade do papel e na impresión.

"Sermos mellorará a calidade do papel, con máis gramaxe, máis branco e mellor impresión, con todas as páxinas a cor", avanza Pepe Barro. O deseñador mantivo esta semana unha reunión coa Redacción -á que asistiu o presidente do Consello de Administración, Xoán Costa- para fechar flocos e ultimar detalles da aplicación práctica das novas maquetas do semanario.

Máis en Só en papel
Comentarios