As portas tamén xiran na Galiza

Poñer o ramo a unha carreira de responsabilidades políticas na administración cun retiro dourado en postos de grandes compañías

porta xiratoria

Ex-conselleiros, ex-ministros, exdirectores xerais... a nómina de cargos públicos que, unha vez cesados, pasaron a consellos e pontes de mando de grandes compañías non é pequena. Unhas fichaxes que evidencian a estreita ligazón e conexión de intereses entre certa política e a empresa privada.

Na Galiza as portas tamén xiran. O transvasamento de responsábeis políticos que dan o salto á gran empresa privada, situándose en postos de privilexio, non é algo descoñecido no noso país. Unha boa mostra é a listaxe de cargos públicos que, após o seu cesamento, aparecen nos consellos de administración e postos de responsabilidade en importantes empresas galegas do sector privado.

En ocasións, empresas que operan neses eidos nos que, que sorpresa, estas persoas tiveron responsabilidades na súa etapa política. Ence, Adolfo Domínguez, San José, Rodman... son algunas das firmas que atopamos ao procurar nos seus consellos persoas con carreira e currículo en postos de responsabilidade política na administración pública.

A reportaxe completa, no Sermos Galiza nº208, xa na nosa loxa.

Máis en Só en papel
Comentarios