sábado 18.01.2020
ERREJóN CHAMA A "NACIONALIZAR" AS MUNICIPAIS 2015

Podemos ou a españolización da campaña

Hai momentos en que unha organización política ten de optar. Momentos en que xa non hai máis marxe para se mover na indefinición. Momentos en que non podes contentar a todo o mundo.

[foto tirada do Flickr de Podemos]
[foto tirada do Flickr de Podemos]

Ese momento chegou para Podemos, a formación emerxente á que os inquéritos sinalan xa como alternativa de poder no Estado español. O último estudo demoscópico publicado, o do diario El Periódico de Catalunya, coloca Podemos como segunda forza e primeira entre as que o eleitorado sitúa na esquerda. O inquérito outorgaríalle entre 78 e 82 escanos, co 20,1% dos sufraxios, xusto un punto por enriba do PSOE, que tería entre 75 e 78. A primeira forza continuaría a ser o PP, mais moi deteriorada, co 23,5% e entre 102 e 107 actas, arredor de 80 menos das que detenta hoxe no Congreso.

Pois ben, e perante este panorama, Podemos xa optou. Nas últimas semanas, os dirixentes dun partido que se apresenta a si mesmo como un intelectual orgánico -no sentido gramsciano do termo- se situaron sen ningún tipo de equívocos no terreno da socialdemocracia e no campo do que poderíamos cualificar como neo-patriotismo español. 

A continuación deste texto, unha reportaxe sobre a estratexia política de Podemos para as municipais 2015, está ao teu dispor no número 142 do semanario Sermos Galiza, o único en lingua galega nos quiosques e disponíbel nos pontos habituais de venda e aquí na nosa loxa.

comentarios