Mulleres independentistas queren reactivar GpS rumo a unha Assembleia Nacional Galega

O obxectivo, a organización dunha Assembleia Nacional Galega que non estaría dirixida a "construír espazos de confluencia eleitoral nen a posicionarse face os existentes".

GpS Galiza pola Soberanía Morrazo
photo_camera Foto: GpS Morrazo

Relanzar Galiza pola Soberanía -unha plataforma que desde hai uns meses non ten actividade- para acabar organizando unha Assembleia Nacional Galega. Ese é o obxectivo que persegue un grupo de 16 mulleres independentistas que acaban de lanzar unha sorte de manifesto intitulado Construírmos Soberanía ao que tivo acceso Sermos e para o que peden adhesión nas Redes.

Na opinión das impulsoras desta iniciativa, a GpS ten que voltar a se pór en andamento porque -embora teñan aparecido "novos axentes políticos" e se teñan elaborado "táticas inéditas" (en alusión á existencia do Encontro Cidadá pola Marea Galega e da Iniciativa pola Unión)-, os motivos que deron lugar ao nacimento de Galiza pola Soberanía "continúan vixentes".

Toda a información sobre este asunto tela ao teu dispor no número 161 de Sermos Galiza, nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.
 

Máis en Só en papel
Comentarios