Mulleres desprotexidas perante a violencia machista

No 2015 foron asasinadas 7 mulleres mentres que perto de 4 mil denunciaron só nos primeiros nove meses do ano. 

grafico

O ano 2015 rematou cun total de 7 mulleres asasinadas pola violencia machista na Galiza, segundo as estatísticas oficiais. O noso país sitúase como terceiro territorio con máis asasinadas no Estado español, despois de Andalucía (13) e Valencia (11). 

Un “ano horríbel”, en verbas da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, quen reclamou ás mulleres “que están sufrindo calquera tipo de violencia que denuncien, para que poidamos actuar e poidamos poñer ese cordón de protección necesario e fundamental para que non haxa un asasinato máis de violencia machista”, dixo na concentración de repulsa convocada diante dos edificios da Xunta o 4 de xaneiro con motivo do asasinato de Marina R. B. en Mos. 

((Preme nas imaxes para despregar os mapas))

A muller presentara unha denuncia en outubro de 2014 por “maos tratos físicos e psicolóxicos habituais” que foron xulgados como “insultos”. Finalmente retirou a denuncia. “Algo se está a facer mal” cando isto acontece, apuntou López Abella. 

grafico2Entre xaneiro e setembro de 2015 presentáronse na Galiza –segundo as cifras fornecidas polo Consello Xeral do Poder Xudicial-- 3.956 denuncias e adoptáronse 683 ordes e medidas de protección e seguridade das vítimas dun total de 1.168 incoadas nos 9 primeiros meses do ano. O 58,47%. 

Da man de Alejandro Gómez, especialista en violencia machista e integrante do Sindicato Unificado de Policía (SUP) e de Ana B. Gudín, concelleira de Igualdade de San Sadurniño, abordamos a coordinación entre administracións, o número de efectivos policiais e o grao de formación dos profesionais no combate á violencia machista. 

Tes ao teu dispor a íntegra desta reportaxe, unha dupla páxina, no número 178 do noso semanario. Á venda xa na nosa loxa e nos puntos habituais. 

Máis en Só en papel
Comentarios