DRENAXE DO AFORRO E CENTRALIZACIÓN

Máis de 13.690 millóns de euros galegos financian a economía española

Os datos que trimestralmente publica o Banco de España sobre volume de crédito e depósitos estannos a amosar tanto a existencia do espolio do aforro galego como o incremento na intensidade deste proceso.

cartos

Galiza é o territorio que amosa a peor relación entre créditos e depósitos, sendo unha das cinco CCAA que teñen maior volume de depósitos que de cré-ditos. De cada 100 euros en depósito, so 76 van destinados a crédito no país. Así, Galiza conta con 13.690 millóns de euros en depósitos que emigran e serven para fornecer crédito noutros territorios do Estado.

A poboación galega representa o 5,88% da poboación do conxunto do Estado, porén, o crédito galego so representa o 3,15% do crédito estatal, un peso moito menor ao seu peso poboacional. De feito, o noso país é, despois de Estremadura, onde o crédito per cápita é menor. Así, o peso dos créditos en Galiza no conxunto do Estado con respecto ao peso poboacional que ten Galiza é case a metade (0,54). En senso contrario, en Madrid, tendo o 13,75% da poboación do Estado, posúe máis da cuarta parte do crédito (27,06%), é dicir, o peso do seu volume de crédito no Estado case duplica (1,97) ao da súa poboación e cuadriplica o de Galiza. 

Porén, cómpre preguntarnos tamén cal é a evolución recente destes indicadores. Ten especial interese analizar o sucedido dende o 2009, porque abrangue o período da crise, do goberno de Feijóo e da reestructuración bancaria que no noso país supuxo tanto a desaparición das caixas galegas, primeiro coa súa fusión, a seguir coa súa bancarización e remate do proceso coa súa venda a prezo de saldo levada a cabo a finais do 2013; como as absorcións -coa conseguinte perda de galeguidade do Banco Pastor, do Banco Gallego e do Banco Etcheverría.

miniatura

A análise completa (tres páxinas), da autoría do economista Aleixo Vilas, pódela ler completa neste Sermos Galiza nº166 co título 'Os resultados da reestructuración bancaria: espolio do noso aforro e centralización'. O Sermos está disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.

Máis en Só en papel
Comentarios