DíA DA PATRIA GALEGA 2015

Por que imos á marcha do 25X?

Conversamos con David Vale, Zarina Riva, Santiago Vidueira e Elba Sobrado que nos achegan as súas razóns para asistir á manifestación do Día da Patria.

unnamed

Sabemos por que van as organizacións políticas que apoian a convocatoria unitaria deste 25 de xullo. Coñecemos os ir e vir do proceso de xestación deste chamado colectivo ao se van sumando máis voces --e que tamén avaliamos no 155 do semanario en papel-- mais, por que decidiron ir persoas de a pé, a título individual? 

Neste novo número do Sermos Galiza falamos con David Vale, estudante do Mestrado de Historia Contemporánea da USC; Zarina Riva, estudante dun Mestrado de Xénero pola Universidade de Viena; Elba Sobrado, traballadora dun hipermercado de Lugo e Santiago Vidueira, estivador portuario en Ferrol para coñecermos as razóns que levan a estas persoas a acudir este sábado á capital da Galiza. 

"A principal motivación é amosar que "somos" e "existimos" como pobo no Día Nacional da Galiza"

Todas elas coinciden en sinalar que a principal motivación é amosar que "somos" e "existimos" como pobo no Día Nacional da Galiza. Algunhas destas persoas, como David, é a primeira vez que farán parte dunha marcha o 25X. "Nunca puiden estar", afirma. Porén, este mozo non dubida en sinalar que quere "exixir que [Galiza] somos nós e queremos algo máis". 

Elba e Santiago levan ás costas moitos quilómetros neste senso. Por volta de dúas décadas sen faltar a tan patriótico evento. "O único ano que non fun foi cando naceu o meu fillo", recoñece Elba. Pola súa banda, Santiago, a quen lle coincide tan sinalada data co seu santo, anceia que cada ano se sume máis xente á mobilización "indubidabelmente somos poucos", apunta. 

Podes ler as conversas íntegras no número 155 do semanario en papel, á venda xa nos puntos de venda habitual e na nosa loxa. 

Máis en Só en papel
Comentarios