O A FONDO DESTA SEMANA

En homenaxe a María Victoria Moreno

Maria Victoria Moreo será a protagonista da segunda edición do Día das Galegas nas Letras, e tamén o é do A Fondo desta semana, que foi cociñado dende o colectivo A Sega. Disponíbel xa aquí na nosa loxa.

capa 450

En máis de 60 anos de existencia, tan só tres mulleres protagonizaron o Día das Letras Galegas. Fronte á exclusión, o colectivo A Sega botou a andar o Día das Galegas nas Letras. Nesta súa segunda edición, que terá lugar o vindeiro 15 de agosto, dedicarallo a María Victoria Moreno, referente na literatura infantil e xuvenil galega.

O A Fondo desta semana abordará a figura de María Victoria Moreno como escritora mais non só. O suplemento contará coas voces da súa filla, Begoña Moreno, e do seu viúvo, Pedro Ferriol, así como da escritora Fina Casalderrey, unida a ela pola amizade e pola súa dedicación á literatura infantil e xuvenil. "As súas novelas eran inxeccións intravenosas directas de sentimentos", afirma Casalderrey na entrevista que lle fixo, para este caderno, a xornalista e poeta Lara Rozados.

O editor de Xerais, Manuel Bragado, abondará na relevancia literaria de Moreno: "En todos estes eidos do educativo e do literario, como tamén no eido do privado, María Victoria soubo escoller con determinación e afouteza aquel vieiro que ela consideraba o máis axeitado", afirma.

"Con María Victoria Moreno despedimos o A Fondo até o mes de setembro. Durante os meses de xullo e agosto, o suplemento de análise de Sermos será substituído polo Caderno de Verán."

CANDO A ESCRITA DISCRIMINA

Mais o A Fondo irá alén a figura de María Victoria Moreno para contextualizala na discriminación das mulleres no eido literario, tal e como se pon de manifesto no texto introdutorio, elaborado a modo de peza teatral, asinado conxuntamente polo colectivo. "Fixeron moi mal en colocarnos na marxe porque decidimos organizarnos e facer forza. Decidimos construírnos a nós mesmas", afirma noutro dos artigos Ánxela Lema Paris, filóloga, membra da Sega e coordenadora deste A Fondo.

"E se lhe deram o dia das letras a Xela Arias?", pregúntase noutro dos artigos deste A Fondo, Susana Sánchez Aríns: "Imaginade um 2015 com Dia das Letras Galegas para Xela Arias e Dia as Galegas nas Letras para Maria Victoria Moreno". Essa sim tería sido uma ucronia maravilhosa", manifesta.

Con María Victoria Moreno despedimos o A Fondo até o mes de setembro. Durante os meses de xullo e agosto, o suplemento de análise de Sermos será substituído polo Caderno de Verán.

Máis en Só en papel
Comentarios