sábado 31/10/20
ENTREVISTAS ARREDOR DA UNIDADE

"Sobre o grupo parlamentar non temos diferenzas coa Marea galega"

Conversamos con Xosé Manuel Pereiro, integrante da Coordenadora de Iniciativa pola Unión. 

X M Pereiro
X. M. Pereiro [Imaxe cedida]

O xornalista Xosé Manuel Pereiro (Monforte de Lemos, 1956) foi un dos promotores da manifestación conxunta do Día da Patria e do Banquete de Conxo. “Algúns pensamos que xa non valía o de facer un chamamento a que se movesen os demais, senón que había que construír unha ferramenta”, cóntanos nunha conversa con Sermos Galiza na que dá conta da evolución de Iniciativa pola Unión.

Cales son os próximos pasos a desenvolver por parte da Iniciativa pola Unión?

En Conxo había un Grupo de Extensión que acabou sendo un Grupo de Inclusión, porque o que acabou decidindo, por consenso, foi confluír cos outros proxectos. O noso papel é presionar os partidos, o electorado, a prol dunha candidatura galega de unión. Ser máis, estar xuntos para presionar mellor, pero tamén necesitas facer músculo, estar máis presentes. Por iso, á vez que facemos conversas con quen está a prol dunha candidatura galega soberana, é dicir, con tutti quanti, iniciamos unha recollida de apoios na web, de entrada, e logo seguiremos por outras vías. 

A cuestión dun grupo parlamentar propio galego foi unha cuestión fundamental para Iniciativa pola Unión. Porén, semella tanxencial para a Marea Galega…

Non creo que haxa tal diferenza. Nos dous manifestos iniciais fálase dun grupo parlamentario galego. Os matices poden obedecer ás distintas formas de nacemento. O de Iniciativa foi algo magmático, e a asemblea, despois dun debate longo, acordou xa unhas liñas programáticas xerais, que inclúen especificamente ese asunto. Na xornada de traballo convocada o 22 polo Encontro Cidadán,a inmensa maioría dos participantes estaba a favor do grupo parlamentario, outra cousa é que non o acordaran como tal para non estabelecer unha liña de disenso.

A entrevista completa tela ao teu dispor no número 161 do semanario en papel. Á venda xa nos puntos de venda habitual e na nosa loxa. 

comentarios