A gran banca española: o lucro que non cesa

Beneficios do 67% neste trimestre que se suman a un 2014 no que aumentaron un 35%. Gaños obtidos pola banca nun terreo de xogo no que estados e institucións dérono todo para que así fose. A costa de quen e o como contámoscho aquí.

A crise foi curta para a banca española. Pechou o 2014 cuns beneficios de 10.000 millóns de euros, un 35% máis que no exercicio anterior,. E o primeiro trimestre de 2015 deixaba uns resultados insultantemente positivos (os beneficios foron de 4.138 millóns, un 67% máis) para os coñecidos como 'os 6 grandes: Santander, BBVA, Caixabank, Sabadell, Bankia e Banco Popular. Para poñer o ramo, axencias de cualificación como Standard & Poor´s - de amplo predicamento nese mundiño- afirma que en 2016 a banca española recuperará o nivel de beneficios e lucro que tiña antes da crise. Mel sobre filloas para os grandes banqueiros españois.

A gran banca debe dar as grazas polos importantes beneficios obtidos en 2014 a unha serie de factores, como a dispoñibilidade de liquidez ou a depreciación do euro a respecto das principais divisas. Ou á inxente enxurrada de diñeiro público posto polos gobernos -recortando onde e como fose- para salvala. Mais unhas grazas especiais débellas dar principalmente aos auxilios extraordinarios do Banco Central Europeo e do Banco de España.

Negocio

Entre 2012 e 2013 o BCE emprestou un billón de euros á banca europea a un tipo de interese privilexiado, do 1% neses anos. Por volta do 30% dese diñeiro, 12.000 millóns de euros, foi para bancos españois, unha cifra considerábel pois triplicaba o peso do sector. Unha parte dese diñeiro foi utilizado pola banca española para facer fronte ao vencemento de créditos a curto prazo con bancos alemáns (así se entende mellor que o Estado español captase o 30% daquel diñeiro barato).

Mais boa parte dese carto do Banco europeo-prestado a un 1%- foi empregado polas entidades españolas para comprar débeda pública, con rendementos do 2,5% e mesmo até un 4%.

Até aquí o 'auxilio extraordinario' do BCE á banca española que explica en parte os importantes beneficios que tivo en 2014. Unhas gañancias que tamén en parte se deben a unha decisión do Banco de España: limitar o rendemento dos depósitos de aforradores e empresas.

tema da semana 144

A información completa sobre este asunto, unha reportaxe a a dupla páxina, tela no número 144 do semanario disponíbel nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa

Máis en Só en papel
Comentarios