O ORZAMENTO DA XUNTA ASCENDE APENAS A 8.600 MILLóNS.

O Estado español recada en impostos por volta de 12.083 millóns de euros na Galiza

Analizamos as contas entre a Galiza e o Estado español. 

Porto de Vigo
photo_camera [Imaxe do Porto de Vigo]

Hoxendía, e nomeadamente desde que principiou en Catalunya o proceso de acumulación de forzas a prol do soberanismo, o modelo de financiamento ocupa un lugar preeminente nas axendas política e pública. 

A certeza de que o vixente marco constitucional está esgotado e de para a que meirande parte da poboación catalá o seu país, o seu proxecto de país, non ten cabida no Estado, cando menos nos termos e coas limitacións que tivo até o de agora, unida aos posicionamentos refractarios e inmobilistas dos dous grandes partidos –PP e PSOE­ e dos medios de comunicación ao seu servizo, está a poñer o foco do debate un instrumento, as balanzas fiscais territorializadas, que no mellor dos casos non é máis ca unha aproximación moi afastada, en calquera caso, da realidade.

Podes ler a reportaxe completa no nº180 do semanario en papel. Á venda na nosa loxa e tamén nos puntos habituais a partir desta quinta feira (21 de xaneiro). 

Máis en Só en papel
Comentarios