Só en papel

[email protected] que lle deron a volta ao mundo

NO CADERNO DE VERÁN DO SERMOS158

[email protected] que lle deron a volta ao mundo

Son @s Phileas Fogg [email protected] En vela, en moto, en avión, en autostop…, todos eles, todas elas, dérolle a volta ao mundo nos últimos anos. Cóntannos a experiencia no noso caderno de verán.

caxade

A reportaxe do noso caderno de verán relata as vivencias do moteiro e escritor Fabián C. Barrio, do neurocientífico Xurxo Mariño e da avogada Elisa Castro, do regatista Roberto Bermúdez de Castro, que gañou este ano a Volvo Ocean Race, e da parella de youtubers conformada por Gosia Bendrat e Adrián Rodríguez, que vén de facer a volta ao mundo en 80 días coa súa filla de pouco máis de ano e medio.

“Temos que rebelarnos con elegancia”. A conversa con Alonso Caxade,  voz, acordeón e alma máter do proxecto Caxade, deu para máis dun titular. Entre o folk, o indie, a música de banda e a canción protesta, conseguíu unha exitosa mestura que fai que, dous anos despois, siga a xirar co seu disco “A dança dos moscas”.

“Temos que rebelarnos con elegancia”. A conversa con Alonso Caxade,  voz, acordeón e alma máter do proxecto Caxade, deu para máis dun titular.

AVENTURAS OCEÁNICAS EN ÁFRICA

No seu “Océano para terrícolas”, Xurxo Souto desvélanos un episodio pouco coñecido das aventuras dos nosos mariñeiros: o seu papel de inesperados, mais resolutivos mediadores, co galego como instrumento, cando o sangue houbo de chegar aos seus barcos nas guerras de Angola e Mozambique, aló polos anos 70.

Enfían a recta final as colaboracións literarias do Caderno de Verán. Pepe de Pura descóbrenos, no seu relato homoerótico, o mundo do Grindr, a rede social que marca a pauta no mundo gay. Marica Campo fai desencadear os acontecementos que levan ao desesperanzado destino de África, a protagonista da serie “Traballo de campo”. A poeta Marta DaCosta segue a sementar de versos e mulleres as páxinas do suplemento co seu poemario inédito “Des-tecer”. Coa súa retranca chea de agudeza e humor, o xornalista Xesús Pinheiro ofrécenos, na súa columna “Dálle que libres”, unha peculiar anécdota cun deses “cidadáns do mundo” que renega da lingua do país.

Pecha o caderno a escritora María Canosa, que nos leva ao seu lugar raíz, Lires, alí onde soñou os seus primeiros libros, onde atopa bálsamo para os días máis revirados e onde desexaría dar os bicos máis queridos.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en Só en papel
Só en papel
Máis un número do Sermos Galiza saído do forno. Falamos das persoas sen fogar no noso país, entrevistamos Francisco…
Só en papel
Máis un novo número saído do prelo. Falamos das perto de 7.100 persoas que contan en Galiza cun patrimonio superior aos 700 mil…
comentarios