En autobuses, taxis ou ferrocarís, son transportadas durante 200 quilómetros até Serbia. Estas son algunas das historias dunha travesía con destino incerto que Sermos acompañou sobre o terreno.
Malek Khawan traballaba nunha organización non gubernamental de axuda a persoas refuxiadas. Hoxe é unha delas. Xunto a súa muller e a súa filla pequena partiron hai case tres meses de Siria. Primeiro cruzaron a Turquía, onde lle roubaron todo o que levaban con eles.
Malek Khawan traballaba nunha organización non gubernamental de axuda a persoas refuxiadas. Hoxe é unha delas
Dous meses tardaron para chegar á costa otomá e atravesar o Mediterráneo nun bote inchable até a illa grega de Lesbos. E de alí ao campo de migrantes na localidade helena de Idomeni. Hoxe camiña cara á fronteira de Macedonia coa súa nena en brazos e unha mochila co pouco que lles queda, tras deixar unha vida atrás cara un futuro cheo de incertezas.
Podes ler a reportaxe completa no número 163 do semanario en papel. Xa á venda na nosa loxa e nos puntos de venda habituais.