CRÓNICA DOS ENVIADOS ESPECIAIS DE SERMOS Á FRONTEIRA ENTRE GRECIA E MACEDONIA

Un éxodo masivo percorre Europa

Unha media de entre 2.000 e 3.000 persoas atravesan cada día a fronteira entre Grecia e Macedonia. Amoreadas nun campo para refuxiadas, o seu paso polo país é fugaz. Unha reportaxe dos enviados especiais de Sermos Cristian López e Felipe Carnotto.

1
photo_camera [Felipe Carnotto]

En autobuses, taxis ou ferrocarís, son transportadas durante 200 quilómetros até Serbia. Estas son algunas das historias dunha travesía con destino incerto que Sermos acompañou sobre o terreno.

Malek Khawan traballaba nunha organización non gubernamental de axuda a persoas refuxiadas. Hoxe é unha delas. Xunto a súa muller e a súa filla pequena partiron hai case tres meses de Siria. Primeiro cruzaron a Turquía, onde lle roubaron todo o que levaban con eles. 

Malek Khawan traballaba nunha organización non gubernamental de axuda a persoas refuxiadas. Hoxe é unha delas

Dous meses tardaron para chegar á costa otomá e atravesar o Mediterráneo nun bote inchable até a illa grega de Lesbos. E de alí ao campo de migrantes na localidade helena de Idomeni. Hoxe camiña cara á fronteira de Macedonia coa súa nena en brazos e unha mochila co pouco que lles queda, tras deixar unha vida atrás cara un futuro cheo de incertezas.

Podes ler a reportaxe completa no número 163 do semanario en papel. Xa á venda na nosa loxa e nos puntos de venda habituais. 
 

Máis en Só en papel
Comentarios