Un Día da Patria sen siglas

Este 25 de xullo podería ser o primeiro na historia de Galiza no que a manifestación que percorre anualmente as rúas de Compostela o faga sen siglas partidarias, cando menos na faixa de cabeceira.

14574283760_359ab51af2_o
photo_camera [Imaxe Galiza Contrainfo]

Esa é a opción que están a valorar as organizacións tradicionalmente convocantes. Desde o BNG até a esquerda independentista pasando por Anova, Cerna e Compromiso por Galicia que nos últimos anos convocaron senllos actos políticos con motivo do Día da Patria Galega.

Como se concretizaría esta convocatoria? As direccións políticas do Bloque (Consello Nacional) e Anova (Coordenadora Nacional) vinculan a súa materialización a que se dean unhas “circunstancias” propicias para “un formato diferente” que situaría o pobo por diante das organizacións políticas. 

Falamos con Bieito Lobeira (BNG) e Manoel Santos (Anova) sobre a posibilidade de se producir esta convocatoria unitaria e que pensan da leitura que se está a facer desde distintos sectores, nomeadamente a imprensa, que visa vincular un 25 de xullo sen siglas cunha hipotética candidatura nacional galega nas eleccións de outono ás Cortes españolas. 

Toda a información sobre este asunto tela no número 152 do semanario en papel. Xa á venda nos puntos habituais e na nosa loxa. 

Máis en Só en papel
Comentarios