Desautoxicarse, a guerra contra o coche

As bicis están a se tornar, para alén dun medio de transporte, nun elemento de presión a prol de modelos de mobilidade urbana que poñan no centro as persoas e tiren os automóbiles da centralidade do urbanismo.

Urban Sketchers
photo_camera [Urban Sketchers]

“Pensar desde outra óptica as cidades e as propias vidas”, así resume Jose Manuel Brea, utente de bicicleta e integrante da Masa Crítica de Lugo, a vontade dos colectivos que pulan polo fomento deste medio de transporte. Movementos que viron incrementar paseniño nos últimos anos o número de apoios a prol de modelos urbanos “para as persoas”.

Unha “transformación social”, di Brea, que torne as cidades en espazos “máis amábeis” nos que os coches deixen paso á “intermobilidade” ou o que é o mesmo, a “cambiar” e “combinar” distintos medios de transporte. Nunha palabra, di, “desautoxicarxe”.

Podes ler a reportaxe completa no número 169 do semanario en papel, disponíbel xa nos pontos de venda habituais e na nosa loxa. 

Máis en Só en papel
Comentarios