NAS VÉSPERAS DA MOBILIZACIÓN CONVOCADA PARA ESTA SEXTA FEIRA EN SANTIAGO

Chove sobre mollado no sector lácteo galego

Axentes sociais urxen que a Consellaría de Medio Rural actúe en defensa da produción leiteira nun dos momentos máis complexos do sector nos últimos anos.

Vacas pacendo

Unha crise que non sabemos cando comezou nen se rematará algún día. Este é o contexto que atinxe o sector do leite na Galiza desde hai anos, mesmo décadas. As razóns son múltiples e estruturais. Porén, nas últimas semanas a realidade de ducias de explotacións tense tornado extrema. O cesamento nas recollidas por parte de Leite Río en granxas da Terra Chá, Teixeiro ou Rodeiro puxo en xaque o mantemento de familias enteiras e dun sector que, nas comarcas rurais, constitúe o principal eixo da economía.

Segundo os dados fornecidos pola FEGA, na Galiza mantéñense –de media­­ os máis baixos de todo o Estado español (0,28 céntimos) sendo que a propia Xunta recoñece a existencia de 2.751 explotacións que estarían a vender o leite por baixo dos 0,26€ e 541 a menos de 0,20€.

Unha situación “ruinosa” e “insostíbel” no tempo, afirman as organizacións agrarias, que podería atinxir máis explotacións das recoñecidas polo goberno galego.

Abordamos os últimos acontecementos con Elías Somoza (Fruga), Javier Iglesias (UU.AA), Isabel Vilalba (SLG) e Xosé Manuel Rivas, Mini, alcalde de Boimorto.

A reportaxe completa sobre este tema tela ao teu dispor no número 154 do semanario en papel. Á venda xa nos puntos habituais e na nosa loxa. 
 

Máis en Só en papel
Comentarios