Cando a precariedade é un privilexio

Nun país con 236.981 persoas desempregadas optar a un posto de traballo é o anceio de moitas. Os dados apuntan a creación de emprego mais, que condicións laborais están a asentarse após o estourido da crise?

unnamed (1)

“Polo menos tes traballo”. Esta pode ser unha das frases máis escoitadas nos últimos anos. Repítese acotío entre as familias galegas nun contexto no que cada vez máis fogares teñen todas as persoas que os integran no desemprego.

Porén, as cifras de paro rexistrado que mensalmente publica o Ministerio de Traballo español apuntan un descenso no número de desempregadas. Un feito que serve ao goberno de Alberto Núñez Feijóo para defender o discurso da “recuperación económica” e a “creación de emprego”. As cifras están aí e semella aguantareno todo. Porén, a pé de rúa reflíctese unha realidade ben distinta que tamén recollen as estatísticas oficiais.

Da man de Lucía (pseudónimo) traballadora precaria na hostelaría; Miguel Malvido, secretario confederal de emprego da CIG e do último informe sobre pobreza laboral editado por CC.OO avaliamos as condicións de traballo que se están a xeralizan e asentar na Galiza. 

Recuperación? Crecemento?

Podes ler a íntegra desta reportaxe, unha dupla páxina, no número 149 do semanario en papel. Á venda nos pontos de venda habitual e na nosa loxa. 

Imaxe capa: Malglam / Flickr 

Máis en Só en papel
Comentarios