O BNG impulsa unha candidatura galega con personalidade xurídica propia

A proposta de o Bloque concorrer nas xerais como parte dunha Candidatura Nacional Galega de Unidade debátese nas asembleas abertas e irá ao Consello Nacional do sábado 20

Asemblea aberta do BNG
photo_camera Foto de arquivo dunha asemblea aberta do BNG en Lugo

 

Ter personalidade xurídica propia significa en termos políticos que a marca que impulsa o BNG para as eleccións xerais de novembro sería unha entidade soberana. Dito doutro xeito, que sería plenamente autónoma de calquera outra instancia política. De Madrid, por suposto. Mais tamén dos propios órgaos de dirección do BNG ou de calquer outra forza que apostase nesta fórmula de concorrencia para as eleccións xerais. Sería unha candidatura plural, que agruparía colectivos e persoas, e que tería o seu centro de decisión exclusivamente na Galiza.

A proposta de impulsar unha Candidata Nacional Galega de Unidade -enunciada xusto con esa nomenclatura- foi debatida durante estes días nas asembleas abertas convocadas polo BNG, foros de participación abertos a persoas non afiliadas á fronte nacionalista. "Este é un proceso xenuinamente democrático, que se está a decidir por abaixo, un debate colectivo moi participativo", din a Sermos Galiza fontes da dirección do BNG. Recalcan que é un proceso "absolutamente galego". "Sería indigno de nacionalistas condicionar o proceso ao que decidan dirixentes políticos españois en Madrid", engaden.

Miniatura pax 7

"Esta Candidatura Nacional Galega de Unidade debe estar aberta ao conxunto de forzas políticas e sociais, ben como a toda clase de colectivos e persoas da nosa nación", así reza a proposta-base que se está a discutir nas asembleas abertas e que, segundo puido saber Sermos Galiza, está a ser amplamente asumida polas persoas asistentes.

CONSELLO NACIONAL

A proposta, en todo caso, deberá ser refrendada no Consello Nacional que o BNG irá realizar o sábado 20 de Xuño.

A íntegra desta información, na páxina 7 do semanario Sermos Galiza, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.

Máis en Só en papel
Comentarios