Autoemprego: precariedade e castigo fiscal

O número de traballadoras e traballadores por conta propia descendeu en perto de 20.000 cotizantes desde o comezo da crise.

Traballador pechando o seu local. (Foto: Europa Press)

O número de traballadoras e traballadores por conta propia sufriu o impacto da crise económica practicamente na mesma proporción que o fixo o conxunto do mercado laboral en Galiza. Desde as administracións estatal e galega artelláronse desde entón diversas iniciativas encamiñadas a fomentar o denominado emprendemento ou autoemprego que, porén, non deron os froitos desexados, nin resolveron algunhas das eivas que as autónomas e autónomos veñen soportando historicamente. 

Os datos da Seguridade Social sinalan que a finais de 2008, o número de persoas afiliadas ao sistema público en Galiza ascendía a perto de 817.000 por conta allea e a máis de 236.400 no caso dos autónomos. Hoxe –o último dato é o correspondente ao mes de outubro- a realidade é que no réxime xeral hai 712.055 cotizantes -100.000 menos que hai sete anos- e 217.740 persoas autoempregadas, menos tamén que as que optaban por esa opción antes de que os efectos da recesión comezaran a facerse notar. 

Podes ler a reportaxe completa no número 173 do semanario en papel. Á venda xa na nosa loxa. 

Máis en Só en papel
Comentarios