NESTE CADERNO DE VERÁN

A alternativa agroturista

No Caderno de Verán desta semana descubrímosche alternativas agroturísticas en Galiza e entrevistamos o dúo Aldaolado, após o éxito en internet do vídeo da súa actuación no Luar.

capa 3

En épocas de vacas gordas proliferaron en Galiza, e ao calor da subvencións, as casas de turismo rural , desapegadas da contorna e alleas ás tarefas do día a día no campo. O agroturismo é algo máis que catro paredes rehabilitadas. Son as propias xentes do campo as que deciden compartir o seu modo de vida. Un modo de ser menos turista e máis viaxeir@.


No Caderno de Verán desta semana descubrímosvos algunha das alternativas agroturistas que Galiza ofrece. Non son moitas porque, nin apenas existe demanda -preferimos ser turistas de cazar e subir fotos a poñer os pés na terra- nin o maltrato sector agrario do país conta hoxe en día co dinamismo suficiente para acoller este tipo de iniciativas. 


Achegámosvos, nesta reportaxe, a algunha das máis destacadas, como a aldea rehabilitada por Arqueixal, a coñecida fábrica de queixos da Ulloa; Casa Alvarella, nas Fragas do Eume, o primeiro albergue do Estado en contar coa etiqueta ecolóxica europea Ecolabel; Casa da Penela, unha explotacións que combina a actividade de horta e granxa co turismo, e a reitoral de Chandrexa de Queixa, que xunta a partes iguais turismo e agroecoloxía.

"Xurxo Souto descóbrenos historias de contrabando mariñeiro e o dúo Aldaolado revélanos detalles do seu exitoso e paródico paso polo Luar"


O suplemento ofrece as novas entregas do relato seriado de Marica Campo e do poemario inédito de Marta Dacosta, "Des-tecer", no que a memoria das mulleres vira en protagonista. Pepe de Pura sorpréndenos cun novo episodio homoerótico de "Carne Crúa".


Xurxo Souto segue a sorprender coas aventuras mariñeiras que compilou ao longo dos anos. Desta vez, fálanos do contrabando do coñác e do azafrán. Todo valía como agocho para a mercadoría, dende chourizos até carriños de bebé.


Pecha suplemento a cantante Lucía Pérez, quen nos descobre o seu recuncho máis querido: Goó, no Incio, alí onde naceu e medrou, e onde conta con estudo de gravación montado na palleira da súa casa.

Máis en Só en papel
Comentarios