'Ponte... nas Ondas!' protagoniza o 'Sermos Galiza' deste sábado

Aliás, entrevistamos o escritor Alberto Lema.
En Vila Nova de Cerveira gravou o 'Coro Pauta de Caprichos' a canción Vai Marinheiro, vai, vai. (Foto: Casa de Tolos)
photo_camera En Vila Nova de Cerveira gravou o 'Coro Pauta de Caprichos' a canción Vai Marinheiro, vai, vai. (Foto: Casa de Tolos)

Este sábado, como cada semana, atoparás nos quiosques, xunto ao teu exemplar de Nós Diario, o suplemento semanal Sermos Galiza.

Na edición deste 30 de abril Manuel Xestoso entrevista o escritor Alberto Lema, do que Galaxia publicou a súa última obra, Pazo de inverno. Unha novela que ten como inspiración a súa etapa como concelleiro da Marea Atlántica na Coruña.

20 anos da primeira orquestra folk

O semanario desta semana ábreo Antón Escuredo cunha reportaxe sobre Ponte... nas Ondas!. A asociación será galardoada co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galeg-Lusófona.

Asemade, Tensi Xesteira trae a Sermos Galiza un tema tan interesante como pouco tratado, a relación entre a literatura e as doenzas mentais.

Como cada semana, o Colectivo Xea déixanos unha proposta para 'Andar e ver'. Esta vez, na costa de Oia, un percorrido de 18 quilómetros para desfrutar dalgunhas das paraxes máis fermosas do Baixo Miño.

Libros, música e cinema

Os libros de Mario Regueira e de Maneul López Foxo achégannos a escrita de Jorge Emilio Bóveda e Eugénio de Andrade, entre outros autores e autoras.

E non falta a música nin o cinema, da man de Jasper, Herminio González e Andrés Castro. Para escoitar, Carolina Rubirosa ou Branko. E para ver, The Northman, de Robert Eggers.

Pasatempos

No feche do semanario, as propostas de Xerardo R. Roca e Xoán Costa para matar o tempo

Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado acompañando o xornal Nós Diario. 64 páxinas por tres euros!

Comentarios