O nunca contado sobre Pardo de Cela, no 'Sermos Galiza'

Non esquezas procurar o semanario que estará nos puntos de venda habituais o sábado e que analiza os segredos arredor da figura de Pardo de Cela, inclúe unha entrevista con Sés, debulla o estado do galego en Tik Tok e moito máis! 

Botamos luz no 'Sermos Galiza' sobre a figura de Pardo de Cela (Foto: Nós Diario)
photo_camera Botamos luz no 'Sermos Galiza' sobre a figura de Pardo de Cela (Foto: Nós Diario)

Épica, dramática ou maldita, a figura de Pardo de Cela pouco ten que envexar á Jeanne d'Arc da tradición francesa, ao mitificado Cid da literatura castelá/española ou ao Brian Boru da Irlanda medieval. Mais para alén do mito, a historia de Pedro Pardo de Cela –"o Mariscal"− non é senón a dun home do seu tempo, un daqueles cabaleiros da Galiza do século XV que protagonizaron un dos momentos máis decisivos de cantos viviu o pobo galego: unha historia, a súa, a nosa, que cómpre ter ben presente.

Con el abrimos o Sermos Galiza desta semana, un número no que Xosé Barros entrevista María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés. Que ten que contar unha persoa que escribe, que musica, que compón, que arranxa, que edita, que produce, que pon os seus cartos para poder publicar os seus discos é moito máis do que engloba a palabra "cantante"?

Para moitas, Sés e símbolo de modernidade, un concepto que nas redes sociais a día de hoxe está asociado a Tik Tok. Mais, hai espazo aí para o galego? Descubrímolo da man de Sonia Dapena.

Cinema, deseño... e moito máis!

Mais non só entrevistas e reportaxes fan o Sermos Galiza. Neste número, Andrés Castro debulla unha co-produción entre Galiza, Catalunya e México que leva por título Que fixemos mal? O filme, dirixido, escrito e interpretado por Liliana Torres, conta coa participación da pontevedresa Matriuska Producións.

Tamén hai un espazo para a música e  parada musical de Fernando Montenegro, que nesta ocasión protagoniza un grupo moi popular -máis que o mesmísimo Xesús, nas súas propias palabras-, The Beatles. Ademais, Olga Brañas achéganos ao novo álbum do músico Pancho Álvarez.

Esta viaxe semanal, por suposto, non estaría completa sen a xa histórica sección Andar e ver, na que o Colectivo Xea ofrece un modo accesíbel para introducirse na paisaxe da Terra de Trives a través dun roteiro ideal para esta época do ano, unha época tamén propicia para a lectura. Por iso, Mario Regueira analiza Túnel de Vento, de Mario Caneiro, que constitúe unha boa opción para matar o tempo nestas festas.

Finalmente, e sen esquecer os habituais quebracabezas ideados por Xerardo R. Roca e Xoán Costa, o Sermos Galiza fecha o seu número 479 con Pepe Barro e a súa análise dun dos símbolos de identidade máis característicos do país: as Cerámicas do Castro e o Laboratorio de Formas de Isaac Díaz Pardo.

Non queres agardar máis por Sermos Galiza? Descoida, atoparalo este sábado no quiosque ou na nosa loxa en liña xunto a un novo Nós DiarioTes preguiza polos trámites? Recomendámosche facer xa a subscrición!

Máis en SERMOS GALIZA
Comentarios