Urbex: Estéticas do abandono

Imaxes fantasmagóricas do tempo detido, dunha paisaxe de baluto que atopa na Galiza, como cara máis amábel do deterioro do patrimonio ou do despoboamento do rural, un fértil substrato para a beleza na ruína. A exploración urbana é unha práctica cuxa manifestación máis visíbel atopamos hoxe en Instagram, a través de fotografías das incursións dos seus adeptos e adeptas en espazos abandonados, con frecuencia rachando a legalidade. Mais estas agochan unha actividade con motivacións diversas, desde a conexión coas habitantes do pasado até a experiencia máis estética. 
Os espazos son ás veces perigosos polo deterioro das estruturas ou pola presenza de restos de cascallos e obxectos rotos. (Foto: urbex_glz)
photo_camera Os espazos son ás veces perigosos polo deterioro das estruturas ou pola presenza de restos de cascallos e obxectos rotos. (Foto: urbex_glz)
Se no seu particular concurso para atopar o obxecto do século XX Gérard Wajman descartaba a ruína en favor dunha destrución sen rastro, nun tempo que desafiaba a memoria, esta reclama aínda o seu…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios