A televisión máis alá da televisión

Groucho Marx, o célebre cómico norteamericano, tomaba o feito de acender a televisión como excusa para desprazarse a outro cuarto e abrir un libro. Hoxe a Groucho seríalle algo máis difícil escapar da influencia e omnipresenza dun medio, a televisión, indisociábel da nosa cultura popular, a nosa maneira de entender a imaxe, a nós mesmos, e a realidade. A “caixa tonta” non é tan tonta e hai décadas que transcendeu da mera pantalla do salón para ser unha cousa de varios brazos e soportes, con acceso ao móbil, ao ordenador e con novos modos de contar o que pasa ou entreter. Novas narrativas, novas cousas que contar onde a identidade se entretece coa sensibilidade, o humor, a ironía ou as linguaxes en tendencia, a televisión reinvéntase na Galiza e tamén en Portugal para chegar á mocidade. Sermos Galiza puido falar con responsábeis da Corporación de Radiotelevisión da Galiza (CRTVG) e a Rádio e Televisão de Portugal (RTP) para saber como ollan o presente e o mañá.
Unha 'promo' do RTP Lab da  televisión portuguesa. (Foto: Cedida)
photo_camera Unha 'promo' do RTP Lab da televisión portuguesa. (Foto: Cedida)
Unha parte da historia da Galiza contemporánea puido comezar co “aquí pasou o que pasou” da célebre sesión do Parlamento Galego (aínda no reitorado da universidade compostelá) o 18 de novembro de…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios