Sáhara é nome de muller

Etimoloxicamente Sáhara significa "deserto". Obvio. Algunhas autoras e autores danlle a interpretación de "lúa" ou "amencer", unha clara derivación asociada aos ciclos vitais. En Hebreo é "Sarah" e significa "muller que goberna". O nome dun deserto, un dos máis inhóspitos do mundo, significa vida? Por que non? Nun lugar onde a morte está tan presente, tamén o está a vida. Loxicamente van da man, unha non existe sen a outra, e cando unha é tan extrema, a compañeira tamén. E que ten que ver a muller en todo isto? Todo. A muller como dadora de vida. A muller como motor dun mundo que sen ela non existiría. A muller como única responsábel de que as condicións de vida sexan soportábeis.

383 repor 1
photo_camera A pesar das precarias condicións da cociña, a nai sorrí mentres amasa, no chan, o seu bolo (Foto: Elena Buch).
Falamos dun deserto, con todo o que iso implica: temperaturas extremas, falta de auga, de vexetación, de fauna... Pero non só diso. Falamos de guerra, de persoas refuxiadas, de axuda humanitaria e…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios