Os recordos non collen o AVE

Entre Santiago e A Coruña hai once estacións de tren que quedaron abandonadas coa chegada da alta velocidade. Nelas tamén se artellou a vida deses lugares. As mozas da Pontraga (Parada-Ordes) ían esperar os mozos no tren das sete para ir ás foliadas; a musicóloga Dorothé Schubarth chegou ao apeadoiro da Vila da Igrexa (Cerceda) para gravar dúas informantes do Cancioneiro Popular Galego; as veciñas de Bregua (Culleredo) subían todos os días para ir vender fieitos á Coruña. Estas historias puideron non existir. O tramo foi dos últimos en ser construídos na Galiza e o seu trazado estivo en disputa.

Apeadeiro Gorgullon-Tordoia
photo_camera Apeadeiro Gorgullon-Tordoia (Foto: Galicia Pueblo a Pueblo).
A veciñanza da Pontraga (Tordoia) non podía crer que o tren fose pasar pola súa aldea . Eran os anos corenta e o rumor corría de casa en casa. Un veciño quixo adiantarse aos acontecementos e, coa…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios